AGE sae en defensa da RAG

Insiste en que o seu orzamento é "insuficiente". Ata o de agora é o único grupo que se ten posicionado sobre a polémica entre a Xunta e a Academia. BNG e PSdeG apuntan á vinculación de Ferrín con AGE.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 10/01/2013 | Actualizada ás 12:44

Comparte esta noticia

Alternativa Galega de Esquerda considera "insuficiente" a achega da Xunta á Real Academia Galega e esixe estabilidade económica para a institución. Precisamente, este é o mesmo argumento utilizado o mércores polo presidente desta entidade, Xosé Luis Méndez Ferrín, logo da súa entrevista co presidente da Xunta e co conselleiro de Cultura e Educación para abordar o financiamento da RAG.

ferrin
ferrin

Así, a Administración autonómica achegará 520.000 euros este ano --200.000 euros máis do previsto-- á RAG para compensar a redución da transferencia estatal --de 682.000 a 341.000 euros--. Entre a achega ratificada este mércores pola Xunta e os 341.000 euros comprometidos polo Ministerio de Cultura, a entidade ten garantido polo menos uns ingresos de 861.000 euros para este ano. "Agradécese á achega pero é insuficiente", apuntou Ferrín. E é que os responsables desta institución estimaban nun millón de euros os fondos necesarios para o se perfecto funcionamento. 

Estabilidade

AGE insiste tamén nos argumentos de Ferrín e esixe estabilidade para o financiamento da entidade. Esta formación pide que a RAG reciba o mesmo trato que as academias das outras nacións do Estado español e tamén un compromiso por parte do Goberno galego para o financiamento plurianual da mesma. "O obxectivo desta reclamación é garantir a continuidade das diferentes seccións da institución e dos seminarios de traballo, ademais de fixar as condicións laborais do cadro de investigadoras e investigadores e o resto do persoal", destaca a coalición.

Ademais, a formación liderada por Beiras destaca que as súas homólogas catalá, o Institut d’Estudis Catalans, e vasca, a Academia de la Lengua Vasca-Euskaltzandia, obtiveron dos seus respectivos executivos en 2012, 5.538.947 euros e 1.332.820 euros. “O que non pode ser é que a Real Academia Galega, a principal institución que vela pola lingua galega, teña que andar cada ano a mendigar o seu financiamento e dependa da vontade dos gobernos de quenda”, sinala o parlamentario Xabier Ron.

Rolda de prensa de Ferrin
Rolda de prensa de Ferrin | Fonte: galiza.indimedia.org

Apoio

Ata o momento, AGE é a unica formación que se ten posicionado contundentemente a favor dun maior financiamento para a RAG. Antes da entrada de AGE na Cámara galega, tanto o BNG coma o PSdeG presentaron varias iniciativas nas que lle reclamaban a Xunta a equiparación da RAG coas academias catalá e vasca e criticaron a discriminación que sufría por parte do PPdeG.

Pero agora, nin os socialistas, nin os nacionalistas teñen entrado na guerra mediatica entre a Xunta e a Academia, mesmo, logo da publicación por parte do ABC de que Ferrín ten a súa filla e ao compañeiro desta empregados nesta institución e que se despraza de Vigo á Coruña nun Audio 8. "Preguntadelle aos de AGE que se pronuncien sobre iso. Nós non imos a entrar a valorar estas cuestións do presidente dunha institicuón que forma parte desa coalición", apuntan fontes nacionalistas consultadas. "Está claro que hai discriminación coa RAG pero hai xeitos e xeitos de manifestalo. E tamén comportamentos, tanto persoais coma políticos. Nós non estamos pola politización da Academia", apunta outro deputado consultado do PSdeG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 65 comentarios

4 Un canso

E dalle co da filla. Coma se ve que estades facendo unha campaña contra a RAG e, sobre todo, contra Ferrín e contra AGE. Que pasa, agora estades traballando para a seita?.

3 Un canso

E dalle co da filla. Coma se ve que estades facendo unha campaña contra a RAG e, sobre todo, contra Ferrín e contra AGE. Que pasa, agora estades traballando para a seita?.

2 Nemigo

non é posible baixarlles o sueldo aso familiares dos académicos? e tamén pagar menos de "dietas"?

1 Adeus

Que vengonza AGE. Que vengonza Beiras, a quen tanto respeto!!. Denuncia a falta de ética de Ferrín ou agora mesmo acabas de perder o meu apoio. O final sodes todos iguais. Só respondedes polos vosos amigos, o fagan ben ou mal. Mentras tanto eu, licenciada en filoloxía, no paro. Claro, eu non teño un papá metido en política. Non merecedes este pobo que cre en vosoutros e a primeira de cambio, o vendedes.....

1 Galego

Ala aquí andan de novo os pesados da UPG, coas tácticas da vella garda... A xente respecta a RAG, e a lingua, o que xa non tenho tan claro é que respecten ao BNG. Ides caminho da desaparición, e seguides igual. Alá vós!!

2 Un que non é parvo

A información de GC é tendenciosa, por non chamala sinxelamente falsa....Porque oculta claramente quén deu a cara no debate orzamentario que houbo ( o do estado ) e no que o BNG ( non así IU, parte de AGE ) presentou propostas para aumentar as achegas á RAG http://www.eldiario.es/politica/BNG... Un pouquiño de seriedade nas informacións: unha cousa son as benquerencias deste medio a AGE e outra diferente é a mentira....

3 Un que si que non é parvo

Para un que di que non é parvo: "Antes da entrada de AGE na Cámara galega, tanto o BNG coma o PSdeG presentaron varias iniciativas...". Onde está a mentira?. O enlace que envias é de comezos de outubro do pasado ano. AGE entrou na Cámara en decembro. Onde está a falsidade?. Non vexas bruxas onde non as hai

4 Un que non é parvo

Sigo dicindo que a información é tendenciosa. O titular tamén podía poñer " AGE únese ás demandas feitas tradicionalmente polo BNG na defensa do financiamento á RAG" ou cousa similar.Pero, está claro, o titular que se procuraba era o que se puxo...Os compromisos mídense na prática, non nas declaracións; e que eu saiba, aínda non se debateron no Parlamento Galego as emendas dos grupos. Onde sí se debateron, foi no Congreso, e aí non consta que IU (como parte de AGE, que xa era naquel momento ) presentase proposta algunha ao respecto. Por certo, non miro bruxas, senón papeis, propostas e compromisos por unha parte; e moitas verdades a medias por outra.....