Arquivada a causa contra a edil de Marea Atlántica acusada polo PP de "prevaricación"

O PP querelárase pola concesión da xestión do antigo cárcere provincial a 'Proxecto Cárcere'.

Por E.P. | A CORUÑA | 01/06/2020 | Actualizada ás 18:47

Comparte esta noticia

A Audiencia Provincial da Coruña arquivou a causa penal contra a concelleira de Marea Atlántica Claudia Delso, tras a querela presentada pola edil do PP Rosa Gallego pola concesión da xestión do antigo cárcere provincial a 'Proxecto Cárcere'.

No seu fallo, ao que tivo acceso Europa Press, desestima o recurso de apelación interposto pola representación procesual de Rosa Gallego contra o auto do 20 de decembro de 2019 ditado polo Xulgado de Instrución número oito da Coruña e confirma a súa resolución, que acordou o arquivo das actuacións por suposta prevaricación administrativa.

No auto, a xuíza sostivo que non resultou "debidamente xustificada a perpetración do delito" que deu motivo á apertura dunhas dilixencias tras unha denuncia remitida por Fiscalía en base, á súa vez, á realizada ante o Ministerio Público polos populares.

Na súa resolución, contra a que non cabe recurso ordinario, a Audiencia coruñesa coincide coa xuíza "que non se pode falar de prevaricación no convenio" para a formalización da cesión.

"É certo que no proceso descrito puideron existir irregularidades administrativas, tal e como pon de manifesto a fiscal, o que será resolto na xurisdición contencioso-administrativa", sinala en relación á demanda presentada tamén polos populares.

Claudia Delso. CONCELLO DA CoruÑA
Claudia Delso. CONCELLO DA CoruÑA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta