Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/06/2020 | Actualizada ás 20:10
A coalición Galicia En Común-Anova Mareas reclamou á Xunta que rectifique e proceda á reapertura dos centros de día con protocolos de seguridade como realizaron ou prevén levar a cabo comunidades como Euskadi, Comunidade Valenciana ou Cataluña.
Este luns, a cabeza de lista da coalición, Antón Gómez-Reino, e a candidata Eva Solla mantiveron un encontro telemático coa Plataforma de Centros de Día de Galicia, que critica a decisión do Goberno autonómico de manter pechados estes centros ata setembro.
"O que ten que facer o Goberno galego é asumir as súas competencias en materia de política social e reabrir estes espazos aplicando un protocolo para garantir a saúde das persoas usuarias", sinalou Gómez-Reino, segundo recolle un comunicado.
Así, lembran que existen 14.000 usuarios destes centros, considerados pola plataforma como "un servizo fundamental para a calidade de vida" dos maiores que, ademais, crea emprego e ofrece servizos "que non se poden substituír por atención domiciliaria".
O colectivo asegura que propuxeron un protocolo "moi estrito" para extremar as medidas de seguridade nos centros e garantir que non se produza contagios, polo que instan á Consellería de Política Social a reconsiderar a súa decisión, que repercute na saúde dos maiores e "sobrecarga" ás familias.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.