"Aprender galego para ser máis de aquí"

Varias persoas de diferentes países estudaron galego no Obradoiro de Integración Lingüística e cultural de Carballo. O seu principal obxectivo é integrarse en Galicia. Vídeo no interior

Por Galicia Confidencial | Carballo | 11/01/2013 | Actualizada ás 10:11

Comparte esta noticia

Hai canarios, cubanos, mexicanos, uruguaios, venezolanos, rumanos, cataláns. Todos teñen en común que aprenden galego. Viven en Carballo e entende que falando a lingua do país poden integrarse máis na nosa cultura e ensinarlle aos fillos. Outros, coma un chileno-estadonidense, aprende galego para ensinar a palabra de Deus "polas aldeas".

Parte dos integrantes no obradoiro lingüístico de Carballo
Parte dos integrantes no obradoiro lingüístico de Carballo | Fonte: R.B

Todos eles participan no Obradoiro de integración lingüística e cultural organizado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo e decidiron colgar os seus sentimentos no vídeo 'Nov@s galeg@s que queren falar galego'.

"Para ensinarlle á miña filla"

Neste pequeno vídeo, pensado para difundir nas redes sociais, algunhas das persoas participantes nese obradoiro sinalan de maneira moi breve algunhas das súas motivacións para aprenderen galego, como por exemplo “para ser máis de aquí”, “para entender as letras dos grupos de música galegos”, “por motivos laborais” ou “para ensinarlle á miña filla a falar a lingua de aquí”.

No obradoiro organizado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo, que tivo lugar entre o 15 de novembro e o 20 de decembro de 2012, desenvolvéronse diversas actividades para coñecer a lingua, a música, a literatura, a prensa, a xeografía, etc., galegas, e para facilitar o acceso ao mundo laboral, e a integración na sociedade galega e carballesa. Esta actividade vense realizando desde o ano 2005.

Aínda que no vídeo interveñen 13 persoas, no obradoiro participaron 30, chegadas desde Brasil, Chile, Colombia, Cuba, México, Nixeria, Paraguai, República Checa, República Dominicana, Romanía, Senegal, Uruguai, Venezuela e de diversos puntos do estado español.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 O Príncipe dos Mouros

Pois, moi ben. O galego como ferramenta integradora e transmisora da cultura local. Mellor isto ca a Mesa pola Inquisición Lingüística ou Mesa pola Succión Indecente de Cartos Públicos.