A Deputación da Coruña apoiará aos festivais que se adapten á situación sociosanitaria

Así o informa o organismo provincial que explica que a área de Cultura facilita así "a reformulación dos eventos que se presentaron ás dúas liñas de subvención para festivais".

Por E.P. | A CORUÑA | 03/06/2020 | Actualizada ás 20:19

Comparte esta noticia

Concellos e entidades organizadoras de festivais terán un novo prazo aberto ata o día 15 para presentar un proxecto e un orzamento adaptado á nova situación sociosanitaria provocada pola COVID-19 e acceder ás axudas da Deputación da Coruña.

Así o informa o organismo provincial que explica que a área de Cultura facilita así "a reformulación dos eventos que se presentaron ás dúas liñas de subvención para festivais".

Respecto diso, explica que o obxectivo é axudar a concellos e entidades a axustar os mesmos ás novas condicións sociosanitarias "con novos formatos, aforamentos ou soportes, abrindo un novo prazo para presentar unha nova memoria do proxecto e un novo orzamento".

Por iso, ata o próximo día 15, poderán presentar a nova documentación "que axusta os eventos ás medidas de seguridade sanitaria provocadas pola COVID-19", precisa a institución provincial.

Concerto | Festival de Jazz de Lugo
Concerto | Festival de Jazz de Lugo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta