A reactivación económica pasa pola dixitalización empresarial segundo Economía

É necesario adaptarse aos novos consumidores, cun reforzo do comercio electrónico e o teletraballo, así como do desenvolvemento de empresas vinculadas ao rural.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 03/06/2020 | Actualizada ás 20:46

Comparte esta noticia

O conselleiro de Economía, Francisco Conde, anima ás executivas galegas a apostar pola dixitalización do tecido empresarial para a reactivación económica.

Teclado dun ordenador
Teclado dun ordenador

Nun encontro telemático esta tarde coa Asociación de  Executivas de Galicia, Conde subliñou a importancia de adaptarse aos novos consumidores, cun reforzo do comercio electrónico e o teletraballo, así como do desenvolvemento de empresas vinculadas ao rural.

Así mesmo, informou de que a Xunta poñerá en marcha unha liña de axudas para que 27.000 autónomos e pemes do comercio, turismo, sector servizos e transporte instalen medidas de protección para clientes e traballadores.

Ademais, a Xunta pon ao dispor de pemes e autónomos o programa Igape Responde, unha canle directa e gratuíta de información e asesoramento que ofrece atención no número 900 815 151.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta