Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/06/2020 | Actualizada ás 11:36
Remata a emerxencia sanitaria e os aplausos nos balcóns, chegan as manifestacións. A Comisión Antiprivatización da Sanidade -composta entre outros por CNT e profesionais do gremio- chama á primeira gran mobilización en defensa da sanidade pública tralo desconfinamento.
Consideran que o "espectáculo" vivido en hospitais e centros de saúde nestas semanas é consecuencia da política de recortes de "anos de privatización do sistema sanitario". "Hospitais colapsados con pacientes no chan, profesionais obrigados a dedicir a quen salvavan a vida por falta de respiradores...". En consecuencia, chaman á cidadanía de todo o estado a mobilizarse para esixir a derogación da regulación que deu pé á xestión privada de hospitais.
En concreto, a Comisión demanda abadonar o artigo 90 da Lei Xeral de Sanidade e a lei 15/97 (esta ao completo), que abriron a porta ó concerto público-privado e á xestión por parte de empresas de hospitais públicos a través de concesións, respectivamente.
INDUSTRIA FARMACÉUTICA PÚBLICA
A manifestación convocada pola CAS encádrase na campaña "Nunca máis", que recolle entre outras demandas garantir o acceso sanitario para toda a poboación, "incuídos os migrantes en situación irregular".
Outras demandas da iniciativa, secundada por máis de 100 organizacións en todo o estado, pasan pola "creación dunha industria farmacéutica pública", o rescate dos centros en mans de empresas e a imposición de sancións ás clínicas privadas que "fecharon en plena pandemia".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.