O Parador de Muxía, prometido tras o 'Prestige', xa está "case ao completo" este verán

Abrirá as súas portas o 25 de xuño, 18 anos despois de prometelo Aznar.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/06/2020 | Actualizada ás 18:18

Comparte esta noticia

O Parador de Muxía, situado en Costa da Morte e unha das principais promesas no ámbito turístico que hai case 18 anos fixo o Goberno que entón dirixía José María Aznar tras o afundimento do 'Prestige', abrirá finalmente as súas portas o 25 de xuño.

A súa apertura estaba prevista para o pasado mes de abril, pero a crise sanitaria do coronavirus e o decreto de estado de alarma coas consecuentes restricións impediu que dita apertura se puidese levar a cabo.

Agora, Paradores difundiu no seu perfil de 'Twitter' un vídeo do parador, do que subliña que está "integrado na paisaxe" e conta "cunha marabillosa decoración e unha destacada colección de arte galega".

Ratifica que a apertura se producirá o 25 de xuño e xa está "case completo" para xullo e agosto.

Parador da Costa da Morte
Parador da Costa da Morte | Fonte: Paradores

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 anonimo

Unha construcción, por certo, moi respetuosa co lugar, nunha pendente do terreo, aproveitando precisamente esa pendente, e nunha ubicación fabulosa.