Uns 40 estudantes de Erasmus, obrigados a limpar o lixo na praia de Carnota tras celebrar un botellón

A rapazada alegou que foran alí porque "era unha praia virxe e non había risco de coronavirus".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/06/2020 | Actualizada ás 11:53

Comparte esta noticia

A Policía Local desaloxou a praia de Carnota o pasado xoves despois de que case 40 estudantes Erasmus se xuntaran no areal para facer botellón, polo que os obrigaron a limpar a zona.

Segundo confirmaron fontes deste corpo policial a Europa Press, os feitos sucederon á última hora da tarde do xoves, cando varios veciños e usuarios da praia alertaron aos axentes da reunión dun "grupo nutrido" de persoas que estaban a facer botellón.

Cando os axentes se presentaron na zona, falaron cos mozos e estes explicaron que eran estudantes Erasmus que estaban a realizar a súa estancia na Coruña e Santiago e quedaran en Carnota a través das redes sociais.

"Moitos non se coñecían entre eles", había xente de "Colombia, Brasil, Arxentina ou Francia", aseguraron as mesmas fontes. Por este motivo, a pesar de identificalos a todos, os axentes decidiron que non ían multalos, porque a sanción "non ía chegar a ningún lado".

No seu lugar, informáronos de que non podían realizar ese tipo de actividades nun lugar como a praia de Carnota, que está protexida por Rede Natura, e fixéronlles limpar o lixo e todo o que ensuciaran durante o tempo que permaneceron no areal.

Pola súa banda, os estudantes aceptaron a indicación e argumentaron que foran alí porque "Carnota era unha praia virxe e alí non había risco de coronavirus".

Botellón. DUAL
Botellón. DUAL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta