Temas: MúSICA

Alertan que a Radio Galega Música converteuse "nun fío musical"

A oferta da música en galego na radio redúcese cada vez máis, segundo denuncia Desconcierto. Por outra banda, o recurso de Cuac.fm chega ao TXSG.

Por GC Tendencias | Santiago | 22/01/2013 | Actualizada ás 17:29

Comparte esta noticia

A Asociación Cultural Desconcierto, coñecida en Santiago pola frecuente organización de concertos de novas bandas galegas e actuacións de músicos foráneos, mostra a súa preocupación pola "desaparición da programación musical de Radio Galega Música".

Os amigos dos Músicos no Terrazeando
Os amigos dos Músicos no Terrazeando | Fonte: Desconcierto Cultural

O colectivo lembra que a emisora pública escóitase en toda a  Comunidade Autónoma e  que,  polo  tanto,  "é  a  única  capaz  de  chegar  a  unha  poboación  bastante dispersa".

A súa programación,  na  que houbo programas musicais especializados que  cubrían diversos estilos e onde os músicos galegos tiñan a posibilidade de mostrar as súascreacións, foi, en opinión de Desconcierto, desaparecendo progresivamente nos últimos meses ata ser practicamente inexistente e quedar limitada a "un fío musical dunhas 23 horas ao día".

Nos últimos meses desapareceron da antena da Radio Galega Música programas como Estudio 3, desprazado á emisión de microespazos na Radio Galega convencional.

Desconcierto lembra que un dos seus obxectivos é "o desenvolvemento e promoción de actividades enfocadas á difusión cultural na comunidade  galega" polo que "defendemos unha emisora que apoie aos creadores e aos profesionais galegos". 

"A Radio Galega debería ser a plataforma natural dos músicos e profesionais de Galicia emde seguiren así, ao sector (músicos,  promotores, salas de concertos, estudios...) causaráselles un prexuízo irreparable", conclúe o comunicado de Desconcierto.

Recurso xudicial contra o concurso de emisoras comerciais de FM

Por outra banda, hoxe o Diario Oficial de Galicia publicaba a remisión por parte da Xunta ao Tribunal Superior de Xustiza do recurso presentado dende Cuac.fm contra o concurso de novas licencias comerciais.

A veterana emisora comunitaria da Coruña logrou presentarse ao concurso tras reunir cartos vía financiamento popular a través de Verkami.

Con todo, Cuac.fm entende que as regras do concurso, que exclúen ás emisoras comunitarias, son ilegais. A secretaría xeral de Medios  da Xunta aínda non fallou cales das propostas -a maioría chegadas dende fóra do país- recibirán a adxudicación.

Temas: MúSICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta