Chencho Corleone, Bleesd, Justin Quiles, Sech e Hades66: o Reggaeton Beach Festival volve pisando forte

Os organizadores do evento prometen que a edición de 2025, de novo ubicada no Porto do Molle de Nigrán, ofrecerá unha experiencia totalmente renovada.

Por Galicia Confidencial | VIGO | 05/05/2025 | Actualizada ás 15:07

Comparte esta noticia

O Reggaeton Beach Festival (RBF) volve a Nigrán os próximos 26 e 27 de xullo para celebrar a súa cuarta edición consecutiva no icónico Porto do Molle, o recinto que o viu crecer desde a súa primeira edición. Nesta edición, RBF Nigrán promete ofrecer unha experiencia máis grande, máis épica e máis refrescante, cun recinto completamente transformado que leva a produción e o espectáculo a outro nivel. Para esta cuarta edición, redeseñouse na súa totalidade o espazo de Porto do Molle, con importantes cambios nos accesos e a reconfiguración de todas as áreas, garantindo así unha experiencia máis cómoda, innovadora e espectacular para todos os asistentes.

Sech
Sech | Fonte: Reggaeton Beach Festival

Entre os primeiros artistas confirmados para este ano atópanse Chencho Corleone, Bleesd, Justin Quiles, Sech, e Hades66, que ofrecerán potentes actuacións sobre un escenario completamente renovado. Proximamente sumaranse novos nomes que completarán un cartel de nivel internacional, con máis de 12 concertos de grandes figuras do panorama urbano global. Este 2025, RBF Nigrán presenta o novo Main Stage, un macro escenario descuberto con máis pantallas, máis efectos e máis espectáculo. A montaxe inclúe un novo show de canóns de auga que converterá o recinto nunha auténtica festa sen descanso.

Ademais do escenario, o festival incorpora múltiples novidades que transforman o recinto nun espazo de entretemento integral. As atraccións acuáticas como o tobogán XXL, a pasarela deslizante ou a piscina de volley converten a calor en parte da experiencia. Actividades como o Karaoke, Cámaras 360, Tarima de actividades e moitas máis sorpresas que completan unha oferta deseñada para gozar ao máximo durante todo o día. A edición 2025 tamén renova por completo a súa Zona VIP, que agora se estende a ambos os dous lados do escenario. Cada zona inclúe unha tarima elevada con sombra, Front Stage VIP, zona de maquillaxe, food trucks premium, lavabos e barras exclusivas, acceso Fast Pass e espazos chillout con nebulización. Para quen busca unha experiencia de máximo nivel, as Mesas VIP ofrecen servizo a mesa, acceso exclusivo, merchandising, reacceso durante os dous días e un circuíto backstage, entre outros beneficios.

Justin Quiles
Justin Quiles | Fonte: Reggaeton Beach Festival
Escenario principal
Escenario principal | Fonte: Reggaeton Beach Festival
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta