Alejandro Losada perdeu a vista aos 14 anos e atopou no 'drag' un escenario de liberdade. Hoxe, con Vivi Dente, racha barreiras e estigmas dende o humor, o arte e a pel. Visibiliza a discapacidade dende a provocación, a música e a risa.
  comenta   0
O concurso ten o obxectivo de difundir, apoiar e promocionar os grupos e artistas musicais das diferentes comarcas e localidades galegas, así como lembrar e difundir a figura e a obra do músico e compositor Fran Pérez 'Narf'
  comenta   0
Na edición deste ano presentáronse 512 proxectos que foron votados por perto de 5.000 persoas e sete galardóns foron para proxectos de mulleres. En referencia ao sector musical, Músicas ao Vivo reclamou fortalecer a contratación de proxectos galegos na programación cultural do país.
  comenta   0
Este segundo capítulo de sinxelos audiovisuais, tras a presentación de 'Alvorada' en xaneiro, forma parte dunha triloxía coa que o artista quirogués Rubén Gutiérrez vai construíndo a liña estética do que será o seu primeiro álbum de estudio: 'Semente na Fenda'.
Cómpre lembrar que no 2024 Emilio Cao recibiu o Premio Honorífico Martín Códax da Música, polo que nesta xornada quixeron destacar ao compostelán como "gran referente para todo o sector musical galego".
Vendaval Fest vai xa pola terceira edición. Comezou sendo unha idea para "pasalo ben" e agora vai consolidándose como unha das citas musicais na comarca da Mariña.
  comenta   0
A maior parte das actuacións centraranse na mellora de fachadas, cubertas e elementos patrimoniais municipais como hórreos, fontes ou palcos de música
  comenta   0
A asociación de dano cerebral aposta por un evento aberto e festivo para dar visibilidade ao seu traballo e agradecer o apoio da cidade de Vigo
O artista portorriqueño volveu demostrar por que segue enchendo estadios: porque non é só música, é enerxía, é gratitude, é espectáculo, e, sobre todo, é corazón.
  comenta   0
Esta artista, unha das voces máis fresca da nova música galega, reflexiona sobre a identidade, a industria musical galega e o legado das nosas cantareiras.
  comenta   0
Actos culturais e institucionais, foliadas, concertos, roteiros... Este 17 de maio ven cargado de actividades en moitas vilas e concellos do país.
O Concello recoñece a sete mulleres vinculadas á cidade pola súa contribución á transmisión da cultura popular a través da música
O músico, compositor e investigador da música tradicional galega lembra o labor silencioso das cantareiras e chama a recoñecer o patrimonio que "nos constrúe como pobo". "Aquel canto das avoas era o noso espírito", comenta, visiblemente emocionado.
  comenta   0
Celebrarase o sábado 31 de maio no marco das Festas da Ascensión e estará marcada por unha xornada chea de música en directo, actividades para todos os públicos e unha ampla oferta gastronómica.
Haruna pasou só 10 meses en Camariñas, pero foron suficientes para aprender perfectamente o español, algo de galego como 'se chove, que chova', tocar a gaita e converterse nunha apaixonada da nosa música tradicional. "Aprendín máis de vinte cancións galegas e agora practico coa miña nai en Xapón", di Haruna, que xa pensa en volver.
  comenta   0
Unha canción sobre as palabras tan características que ten o noso querido idioma galego está a revolucionar as redes sociais. Trátase de 'Jerga gallega', un tema que saiu fai cousa dunha semana e xa o está petando. Forma parte álbum 'No soy nadie, pero soy yo', do rapeiro coruñés Habló Pablo, e está producida por Juan de Dios, produtor herculino que estivo nominado catro veces aos Grammy.
  comenta   0
A programación cultural desenvolverase do 16 ao 18 de maio. O 17 de maio unha das actividades é un roteiro temático baixo o título: “No Día das Letras Galegas, percorremos Allariz da man dos seus escritores!”.
  comenta   0
A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, (TEGA) expresou o seu "orgullo" por acoller este campionato de primeiro nivel e puxo en valor a "tradición" e o "esforzo de moita xente" que practica esta especialidade no municipio e en clubs locais
  comenta   0
O ciclo de concertos completa así catro xornadas de actuacións no auditorio do parque de Santa Margarita no mes de xullo.
Os organizadores do evento prometen que a edición de 2025, de novo ubicada no Porto do Molle de Nigrán, ofrecerá unha experiencia totalmente renovada.
  comenta   0
O festival Escenas do Cambio, impulsado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, comeza o vindeiro xoves, día 8 de maio, a súa exploración do presente mediante da danza, a música, o teatro e as artes vivas de vangarda.
Nesta ocasión o festival contará con catro actuacións vinculadas á música barroca, dúas á música de cámara e dúas á sinfónica, todas ás 20.30 horas.
A música de raíz está nun bo momento e esta colaboración experimental, conectando o folklore catalán co galego, demostra que reactualizar a tradición fusionando linguas pode cativar e chegar con forza ao público. Coñecemos este traballo e as artistas que o fixeron posible.
  comenta   0
Diego Campo forma parte da Asociación Fanto Fantini que organiza os concertos de Osa do Mar. Mais agora están a traer un ciclo de concertos a Burela chamado Maraxes da Osa.
Ademais do ciclo "Semana Santa ao Vivo", con música e outras actividades de rúa, haberá roteiros e visitas guiadas, Mercado de produtos autóctonos e a posibilidade de visitar tamén os tres museos da vila.
  comenta   0
O programa da Deputación da Coruña acolleu oito artistas nas modalidades de música, literatura e pensamento durante 12 días
  comenta   0
Está impulsado pola compositora e intérprete musical Úrsula Rial e iniciará as súas presentacións o 13 de abril en Seoane.
Con máis de 6.000 votos totais emitidos, pechouse o proceso de votación mediante o cal o público do certame aRi[t]mar.
Tras lanzar o seu último tema, 'SachoZumba', que o está petando nas redes sociais, Brais cóntanos como é o seu proceso creativo, cal é a súa visión sobre o humor e a música como ferramenta para entender a vida e, sobre todo, canto do Brais que está enriba da tarima hai logo na vida real.
  comenta   0
Uxía celebra unha vida dedicada á música galega, á música tradicional para a que buscou oco noutros lugares a cambio de traer sons deses outros espazos a Galicia. 'Será por flores' é o nome da xira coa que vai celebrar todo un camiño percorrido desde a súa infancia até o día de hoxe. Nesa xira mostrará todos os elementos que compoñen o seu universo musical e as sororidades e irmandades que foi tecendo ao longo dun percorrido por medio mundo.
  comenta   0
O Ressurrection Fest Estrela Galicia presentou o seu cartel por días para a edición de 2025, "a máis grande e histórica". O festival arrincará con Judas Priest o mércores.
Os dous músicos participaron esta pasada semana no concerto de exalumnos da Facultade de Filoloxía e achegáronse ademais para reflexionar sobre a situación do galego na música e a evolución da lingua na sociedade
Foi en 2014 cando Gente de Zona alcanzou o seu primeiro éxito internacional coa canción 'Bailando' xunto a Enrique Iglesias. Máis tarde chegarían outros temas como 'La Gozadera', con Marc Anthony.
O sector musical galego está nun "moi bo estado de saúde", co Son do Camiño como un dos principais eventos de Galicia, por riba de Manuel Rivas e o Culturgal.
  comenta   0
Analizamos o caso dos creadores de contido para nenos e adolescentes Karina y Marina e Hugo23, cuxas letras de cancións xeraron unha gran alarma entre expertos en educación afectivo-sexual e familias.
  comenta   0
A campaña do 8M reúne a mulleres de diversas xeracións no mundo da música e a cultura.
  comenta   0
Fermín Muguruza (Irún) aterrará en Compostela o 15 de marzo dentro da xira polos seus corenta anos tocando, creando filmes, cómics e comprometéndose politicamente. Sobre este aspecto e sobre todo, como a música e a arte en xeral pode ser unha arma contra o fascismo, falamos con el. Tamén do seu compromiso coas frontes populares amplas, caso de EH-Bildu e da necesidade de crear cantas máis mellor para frear a ultradereita. Sobre Galicia espera que os movementos sociais poidan frear Altri e lle dean unha lección de democracia á clase política
  comenta   0
A programación comezou o pasado 20 de febreiro, co xoves de Compadres, e rematará o 5 de marzo co 'Pranto do Entroido' e a 'Queima do Meco'.
  comenta   0