'Peitoescuro' presenta o seu segundo sinxelo: 'Metamorfose'
Este segundo capítulo de sinxelos audiovisuais, tras a presentación de 'Alvorada' en xaneiro, forma parte dunha triloxía coa que o artista quirogués Rubén Gutiérrez vai construíndo a liña estética do que será o seu primeiro álbum de estudio: 'Semente na Fenda'.