O concurso Fran Pérez 'Narf' da Deputación da Coruña xa ten finalistas: Marián, Belem Tajes e Vimbio

O concurso ten o obxectivo de difundir, apoiar e promocionar os grupos e artistas musicais das diferentes comarcas e localidades galegas, así como lembrar e difundir a figura e a obra do músico e compositor Fran Pérez 'Narf'

Por E.P. | A CORUÑA | 10/06/2025 | Actualizada ás 19:10

Comparte esta noticia

O xurado do concurso Fran Pérez 'Narf' para grupos e artistas musicais que promove a Deputación da Coruña anunciou as bandas finalistas desta edición, que serán Marián, Belem Tajes e Vimbio.

A proposta gañadora será elixida durante unha gala final que terá lugar no Salón Teatro de Santiago de Compostela o domingo 2 de novembro.

O concurso ten o obxectivo de difundir, apoiar e promocionar os grupos e artistas musicais das diferentes comarcas e localidades galegas, así como lembrar e difundir a figura e a obra do músico e compositor Fran Pérez 'Narf'.

Por outra banda, a institución provincial informou da instalación, nos xardíns do Pazo de Mariñán, en Bergondo, dunha rede de 35 caixas refuxio para morcegos. Trátase dunha iniciativa pioneira na provincia, impulsada pola área de Medio Ambiente en colaboración coa asociación Morcegos de Galicia.

Gala dos últimos Premio Narf
Gala dos últimos Premio Narf | Fonte: Premio Narf

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta