A Xunta emite declaración de impacto ambiental favorable para unha planta de residuos en Mazaricos

Esta nova planta de residuos non recibiu ningunha alegación no seu expediente.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/06/2025 | Actualizada ás 13:41

Comparte esta noticia

A Xunta emitiu declaración de impacto ambiental favorable sobre o proxecto para unha nova planta de residuos de construción no concello de Mazaricos. Así consta na resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, dirixida por Ángeles Vázquez, que conclúe que esta iniciativa empresarial é ambientalmente viable.

A declaración, informa a Xunta, foi elaborada no marco do procedemento de avaliación de impacto ambiental ordinaria do proxecto, un trámite no que a documentación presentada polo promotor foi sometida á participación pública, co resultado de seis organismos consultados e sen que se recibise ningunha alegación ao expediente. Ademais, deu publicidade á resolución pola que se revisa a autorización ambiental integrada outorgada a Forestal da Atlántico S.A. para a súa fábrica de formaldehido, colas e resinas, xestión de residuos e produción de metanol verde neste municipio.

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez | Fonte: Mónica Arcay Carro

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta