Hai cen anos que se celebrou en Lugo o Primeiro Congreso de Economia Galega. Dous días de traballo intenso de persoalidades relevantes en cadansúas áreas de coñecementos. O remol das achegas feitas naquel cónclave que abordou a planificación económica, a ordenación do territorio, as comunicación e outras estratexias para o desenvolvemento de Galicia deixou fondas pegadas nalgúns dos asistentes, como foi a familia Fernández López, que puxo en pé diversos proxectos industriais que beberon naquelas fontes congresuais. Aínda que Álvaro Gil non participou nel, si que foi un dinamizador desas empresas. Xa que logo, é un epígono cualificado daquel encontro, codirixindo empresas enmarcadas no que se chamou economía autocentrada, é dicir, desenvolvemento económico a partir dos propios recurso naturais do país. Por esta razón será homenaxeado coa instalación dun busto seu ao pé da casa que foi a súa moradia, e coa publicación da biografía elaborada polo historiador Ricardo Gurriarán.