Ninguén pon en dúbida que a tecnoloxía aportoulle á sociedade avances importantes. Mais o abuso técnico en determinados servizos polos que andamos case todos, axuda a pensar que estanse a perder costumes importantes e a rematar co diálogo entre a xente, pois á maquina non che contesta si lle preguntas nin che sigue a conversación si lle retrumcas. Porei varios exemplos: Vou a encher o depósito de gasolina e a máquina dime que: “Está usted repostando gasolina de ...” Pois ben, non hai moitos anos cando iba botar conbustibel saudaba o traballador e cruzaba unha verbas con el. Hai uns días, indo visitar a un familiar na Residencia Sanitaria, na parte nova, ó subir no ascensor e estar dentro unha voz di: “puerta abierta, puerta cerrada, subiendo, bajando” Todos os ocupantes dentro calados. E a maquina volvía a falar: Segunda planta, puerta abierta, subiendo, bajando... Logo, pasados uns segundos, Puerta cerrada. E como se nós non a viramos pechada ou aberta e a máquina seguía... E non digo nada si chamas pra ter cita no centro de saúde: si desea Gallego diga gallego. No le he entendido...Si desea una cita pulse 1, e asi ate non sei cantos números. Estes son uns de tantos exemplos dos que hai en moitos servizos. Polo que diante esta, non sei se chamarlle moda ou outra cousa peor, comenzo a pensar que moitas veces tanta comunicación estanos facendo un pouco máis idiotas ou nos considera, indirectamente, parvos.
Ter información sempre é positivo, pero aturar estas maquinas que falan polas persoas, comenzan a ser un pesadelo e un abuso. Xa non chega coa lata que dá a publicidade, se non que por riba, aturar estes trebellos que falan con nós, e non admiten respostas, comenza a ser unha paranoia abusiva que irrita á moita xente.
Ben sei que estamos no tempo no que, a chamada intelixencia artificial, comenza a ocupar espazos que antes eran exclusivos dos humanos. Espazos que antes eran fontes de comunicación e que creaban relacións e sociedade. Mais agora as máquinas semella que van paseniñamente ocupando parcelas propias dos seres que habitamos a terra. Hai uns días un colega díxome: Hai unha maquina que fai cantigas. Coño, repliquei, logo preguntei, e ten a sensibilidade das persoas pra compoñer? Logo desta pregunta axiña pensei: E quén fai as maquinas? Quen lle mete os datos pra que logo nos repitan mil veces a mesma cantinela? Son moitos os exemplos que se poden poñer e que nos están a levar cara unha sociedade que, con moito exceso, abusa da tecnoloxía. A primeira, pode que a máis importante, e que case, sen decatarnos, nos tratan como masa sen personalidade; trátannos como xente manipulabel e pretenden levarnos cara un espazo estandarizado onde soamente somos números de estadísticas; datos pra seren empregados soamente como consumidores acríticos. Consumidores controlados por persoas que controlan a tecnoloxía e que nos queren facer a súa maneira. Ou sexa: uns poucos controlan mediante a IA a todos os demais. En fin, ben sei que o dos servizos son cousas menores, pero, aínda que non o pareza, o uso e abuso da tecnoloxía está levando á sociedade a unha situación de dependencia desa técnica que o invade case todo. E iso vai en detrimento das capacidades humanas, das relacións entre as persoas e da necesidade de autocrítica e de creación. As veces tanta modernidade, agocha intereses ocultos que non presaxian nada positivo. O exemplo das maquinas que nos falan, só é unha pequena mostra do que se nos ven enriba. Polo que, aínda que os avances técnicos trouxeron cousas positivas, todo hai que tomalo con moita precaución e sen exceso, pois estas modas estannos a levar cara unha sociedade menos humanizada e máis dada á ser manipulada pola xente que manexa ises fíos.