1 de 309 en Opinión seguinte

Irmandade Xurídica Galega

Despois de dezasete anos de existencia, a Irmandade Xurídica Galega segue arrecadando novos efectivos para o fomento da lingua galega nos usos xurídicos.

Por Xosé Glez. | Redondela | 20/06/2025

Comparte esta noticia
 Isto faise coa constancia dos xuristas  que actualmente son  meritorios exemplos a imitar. Este é o caso,por poñermos un exemplo, do  maxistrado  e presidente da Sección 2º da Audiencia Provincial de Pontevedra, Xosé Xoán Barreiro,  que dirixe as vistas orais locindo na súa toga o escudo da Irmandade Xurídica Galega  dando reiteradas mostras da súa coherencia lingüística. “Señoría, yo no soy gallegohablante”, adoitan advertirlles algúns xustizables ante a súa indeclinable galeguidade lingüística  nas vistas orais do Tribunal que preside,  co ánimo de que se exprese en castelán. “Pero  vostede é galegoescoitante? Si señoría. Pois logo limítese a responder a esta Presidencia  que sempre o fará en galego; e se hai algo que non comprenda, está no seu dereito a pedirme que lle traduza a frase ou palabra en cuestión”.
 
Con  xuristas deste talante foi artellámdose a Irmandade Xurídica Galega. O próximo día 21 celebrarase unha nova asemblea anual, desta volta na Facultade de Dereito da USC. Os actos comezarán coa descuberta dun busto do notario Victorino Gutiérrez Aller; homenaxe  xusta a quen co seu esforzo persoal  deu pulo  á Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística e Irmandade Xurídica Galega das que foi activo cofundador, e redactou milleiros de protocolonos notariais en galego.
 
A seguir, no Salón de Graos do centro universitario, amais da recepción dos novos xuristas que se incorporan, na Orde do Día figuran dous obxectivose de gran transcendencia. Por unha banda, a sinatura dun acordo de colaboración co Colexio Notarial de Galicia para dinamizar o uso da lingua galegas nos instrumentos xurídicos que se tramitan nas súas oficinas co apoio institucional da Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia. Entre as medidas acordadas prevése a organización dun curso de linguaxe xurídica para os traballadores destas oficinas, así como a actualización do Formulario Notarial que no seu día redactara don Victorino Gutiérrez Aller para incorporalo aos programas informáticos.  Temos que sinalar a boa predisposición do equipo directivo do Colexio, nomeadamente do seu decano, que amosaron  entusiástica colaboración para que o notariado galego estea en harmonía coa cultura e lingua do país.
 
Na mesma asemblea anunciarase a proposta que a Irmandade Xurídica Galega vén de facerlles conxuntamente á Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia e Ministerio de Xustiza para que o próximo programa informático, “Atenea”, permita a incorporación da lingua galega na tramitación dos procedementos procesuais no noso idioma.. A demanda foi asinada por 120 funcionarios da Xudicatura (maxistrados, fiscais e letrados da Administración da Xustiza) e 250 operadores xurídicos (avogados, procuradores, funcionarios de distintos corpos xudiciais), profesores de facultades de Dereito. Os presidentes do TSXG e  algunhas  Audiencias Provinciais tamén explicitaron a súas ahdesións.
 
As iniciativas constantes para mobilizar os profesionais do Dereito, Xudicatura e persoal da Administración de Xustiza, encadéaronse sen solución de continuada nos  dezate anos de existencia da Irmandade Xurídica. Abonda sinalar, por exemplo, os actos realizados cos concellos galegos que teñen externalizados os seus servizos xurídicos para que os avogados  utilicen  a lingua galega nos procedementos procesuais,  coa expresa  demanda de que os xulgados e tribunais diten sentenzas en lingua galega ao abeiro do art. 7.2. da Lei de Normalización Lingüístico . Cómpre  sinalar o comportamento senlleiro da Asesoría Xurídica da Deputación de Lugo encargada do  tráfico xurídicos de todos os concellos da provincia. As consecuencias positivas para a normalización lingüísta son evidentes.Por unha banda  galeguizan a actividade xurídica dos concellos, e, pola outra, contaxían lingüísticamente a funcionarios e xuíces que se familiarizan co noso idioma nos trámites xudiciais. Por esta razón recibirán o Premio Lois Peña Novo  o próximo día 3 de xullo no castelo de Soutomaior.

Imaxe da Irmandade Xurídica Galega co maxistrado Xoán Alfaya Ocampo
Imaxe da Irmandade Xurídica Galega co maxistrado Xoán Alfaya Ocampo
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA