1 de 300 en Opinión seguinte

Consonancias e disonancias

Vivimos un tempo social e político onde as consonancias son moi poucas e as disonancias son duras e moitas. Mellor, as disonancias cando son moi duras pasan a seren insultos que é o que temos hoxe.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 26/09/2025

Comparte esta noticia
Pola contra as coincidencias e acordos entre discrepantes nin están nin se esperan. Xa non se fala de adversarios  se non de inimigos a bater e iso comenza a ser moi perigoso.  Falando en termos musicais, as consonancias e as disonancias sempre que se empreguen con certa mesura  e no lugar preciso son moi necesarias, pois danlle beleza a partitura. A consonancia aporta equilibrio e a disonancia inestabilidade, pero as dúas lévanse ben. Máis entrando no eido da política,  neste noso Estado,  máis que de consonancias e disonancias hai que falar neste tempo de  insultos e trolas,   de  medias verdades empregadas  de parte  e  da ausencia de propostas  e debates racionais dos que están hoxe na oposición.  Desta maneira semella que andamos a dicir e escoitar barbaridades e a ver que a di máis grande.   
 
 Ayuso  di, que as mobilizacións polo  tema de Gaza  que se viron durante a volta ciclista, son feitas por pro etarras e que o de Madrid semella ó que aconteceu na guerra dos Balcáns,  concretamente en Sarajevo. Logo o responsabel dos populares da capital do reino, referíndose a eses  manifestantes, chámalle “Gentuza.” Días antes  Tellado falou de fosas pra enterrar a un goberno que nunca debeu existir. E non digo nada dos de Vox pois son antisistema total que so din barbaridades e moitas mentiras.  Polo que  vexo  que hai políticos ós  que lles falta unha fervura ou están cegos de ira, dado que  no tema de Gaza  as  imaxes falan por si soas. 
 
As imaxes mancan á calquera que teña un mínimo de humanidade, ó igual que os insultos ó presidente. Pois a xente  cunha pouca de empatía,  vendo  desprazarse as persoas como se foran parias,  decátase que se esta a falar de algo moi serio,  tristeiro e vergoñento. E se somos coherentes cos principios dos dereitos humanos non podemos calar diante tal barbarie. Máis como  xa non queda espazo para o asombro, un ministro israelí, despois do arrasamento de Gaza,  xa fala de bos negocios para unha futura reconstrución.
 
Xa noutro orde de cousas,  nesta nosa terra sona outra disonancia que me chama a atención, é a  traxectoria dos populares sobor do  asunto da AP 9. Neste caso o partido que noutrora foi o responsabel  da concesión anulada polo tribunal europeo, agora esixe que se rescate a autovía. A boas horas fala esta xente. Con todo, paréceme ben que rescate, mais tamén debían asumir  que eles foron os da concesión ilegal ó igual co da concesión da Celulosa de Pontevedra.
 
Estou convencido que hai moitas máis disonancias que nos chocan nesta  España un tanto irredenta. Pois neste tempo  xa non se sabe falar,  e soamente se berra e se insulta. E que quede claro que  uns fano máis ca os outros. Pois hai gobernantes que no canto de atender ós problemas da comunidade que gobernan soamente falan dos demais e insultan á intelixencia coas súas parvadas.
 
A min non me gusta esa froita podre da que fala esa presidenta con moi pouca responsabilidade. Como dixen ó comenzo, a disonancia e a consonancia ben empregadas crean beleza dado que son sinnónimo de viveza cultural e política. Ámbalas dúas  son moi  necesarias;  mais semella que nesta península hai tempo que perdemos o norte, e que o  xefe da oposición  que seica  non viña a insultar, hoxe  está irrecoñecible,  pois semella  un púligan. Concluíndo, mal imos cando non sabermos aproveitar o valor de empregar con sentidiño o positivo das consonancias e as disonancias. Ou sexa: falar e propor contrastando  alternativas ós problemas  civilizadamente pra buscar puntos de encontro e arredar do debate  ós que queren derrubar a democracia. 
 

O presidente da Xunta de Galicia e precandidato á presidencia do PP nacional, Alberto Núñez Feijóo, e a presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, nun encontro de afiliados en Madrid, a 15 de marzo de 2022
O presidente da Xunta de Galicia e precandidato á presidencia do PP nacional, Alberto Núñez Feijóo, e a presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, nun encontro de afiliados en Madrid, a 15 de marzo de 2022 | Fonte: Alberto Ortega - Europa Press.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com