1 de 300 en Opinión seguinte

O rei do mundo

Hai uns días a señora Ursula Von der Leyen asinou un acordo comercial co narcisista e ególatra, mellor co neofascista que algúns queren propoñer para o Nobel da paz, e que é o presidente dos EE.UU. A vella Europa, segundo algúns mandatarios dos estados integrados. asume unha baixada de pantalóns diante as aspiracións deste Ianqui neto de emigrantes e que xa actúa como un sátrapa..

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 22/08/2025

Comparte esta noticia

Dende que chegou este   mandatario ó poder, e despois de escoitar as súas pretensións e bravatas, os dirixentes  da UE semella que asumen con certa resignación unha boa parte das súas políticas,  e achántanse diante a súas  ameazas.  Co que a  tan cacarexada idea de colocar a Europa como unha potencia económica  que negocie en pé de igualdade coas demais potencias mundiais, despois deste acordo,  queda moi debilitada. O Trumpismo dende que aterrou por segunda vez, trocou e anulou boa parte das leis internacionais é está a levar o mundo a unha situación de dimensións descoñecidas. Este mundo de hoxe xa non é o de antes de chegar este estirado e presuntuoso persoeiro á Casa Branca. 

Trump na reunión posterior ao ataque a Irán
Trump na reunión posterior ao ataque a Irán | Fonte: Casa Blanca

Si despois da segunda guerra mundial se acordaron importantes leis e principios que eran asumidos pola gran maioría dos  estados da orbe, na actualidade moitos dos principios que recollían esas leis esborralláronse e caeron ó chan  como se fosen castelos de naipes. E co actual panorama mundial son moitas as preguntas que os cidadáns cada  nova xornada nos facemos. Non poucas veces penso que ós réximes democráticos teñen moitas debilidades. Pois cando se asenta entre os cidadáns un populismo que soamente ten como obxectivo falar do que lle gusta á xente e engaiolar a esas masas tocándolle a fibra do sentimento,  e pola contra actua  agochando as verdadeiras intencións, caer nesa trampa é moi sinxelo. Logo veñen as sorpresas que, xeralmente, van contra esas masas de votantes que non ven máis alá da súa propia sombra. A vella Europa unida que soñou Robert Shuman, na actualidade, ten dentro da súa estrutura  voces discrepantes que aceptan e miran cara o déspota americano aceptando de bo grao os seus mandatos. E no noso estado son a dereita extrema e seguíndolle ós pasos os populares. 

Vivimos nun tempo onde un señor actúa como se fose o rei do mundo. Un rei sen coroa que se semella  un abusón de patio de colexio; que trata os demais pobos e xentes soamente dende o principio dos intereses económicos  e que ten unha falta de humanidade que a todos nos arrepía. Un señor que pasa polo arco das súas entrepernas as leis actuais americanas e que xa soña con modificar esas  leis pra volver presentarse á reelección. 

Hai uns días un mozo nunha cadea de TV dicía: a única esperanza que teño é a do partido da extrema dereita,  pois é o que me pode dar traballo. Pois si: supoño que aceptará de bo grao currar nos invernadeiros do levante por soldos moi cativos. E seguro que tamén é dos que din que os emigrantes lle quitan o traballo. 

O mundo, este mundo onde vivimos,  ó revés camiña  e faino sen que milleiros de persoas teñan a conciencia  de que ameazan tempos escuros. Esta España que derrubada a constitución de 1812 e aclamou a Fernado VII,  chamado o desexado,  e que foi un déspota que instaurou de novo a inquisición. Esta terra na que  despois de derrubar á II república sufriu ós militares que  trouxeron 40 anos de ditadura,  agora apoia unha conxura pra derrubar a quen goberna sen que os propoñentes  fagan ningunha proposta do que se farán dende o poder. E asiste atónita a un espectáculo triste e escuro cando insulta ó presidente chamándolle fillo de puta. De pena.  En fin: aínda que pareza un sin sentido, xa temos no mundo mandando a un rei sen coroa  e partidos deste noso  Estado aplaudíndolle.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com