1 de 307 en Opinión seguinte

"Para que subes tan alto atrevido pensamento, para que subes tan alto se tes que baixar co tempo"

Do 'Cancioneiro popular' de Ramón Cabanillas.

Por Manuel H. Iglesias | SANTIAGO | 06/08/2025

Comparte esta noticia

"Para que subes tan alto atrevido pensamento, para que subes tan alto se tes que baixar co tempo", do Cancioneiro popular de Ramon Cabanillas.

Ramón Cabanillas
Ramón Cabanillas | Fonte: Arquivo

Andan a corrixir o seu currículum vitae a toda presa  moitos políticos e cargos  públicos  pois tíñano inflado e cheo de esaxeracións pra quedar ben diante a parroquia dos  votantes.  Vivimos nun tempo de moita fantasía curricular que  axuda a esaxerar a imaxe de persoas que logo aparecen nas Tvs pasando por bos estudantes e, sobor de todo, por persoas moi listas e intelixentes.  E todo este lío, que saca a luz moitas falsidades,  lémbrame a un amigo que foi concelleiro nun municipio ourensán, persoa que como tantos fomos á escola primaria, e que comenzamos a vida laboral ós 16 anos, pra logo irnos formando co tempo. El con moita retranca dicíame: eu son Licenciado pola universidade da vida. Si, pois a vida, co paso dos anos, foime poñendo, despois de traballos fracasos  e miles de problemas, no  lugar que merezo. E seguía: pois haiche moitos licenciados que, vaia por Deus, non valen un can. Mais moito presumen de licenciaturas e de masters. Polo que eu son froito do traballo e da experiencia e tamén do sentido común, que é o máis común de todos os sentidos. O papel tenche man do que lle poñen: aínda que moitas veces  vale de pouco, pois todo o que se  di nese papel non son máis que cousas sen demostrar. Polo que eu son dos que cando a persoas demostran que valen, esquézome do título. Un refrán moi galego di: vaca gabada no se vende na feira nin  enche a canada. E,  en certa medida,  eses presuntuosos que inflan con moitos títulos a súa folla de servizo, non son máis que persoas un tanto ególatras que pretenden rirse dos que adican horas  pra sacar adiante uns estudos. E co inflado  queren dar o pego sen dar un pau á auga. Por eso, o meu amigo curtido en mil batallas,  e que tiña ó seu cargo unha un grupo importante  de xente dicíame,  ás veces,  os títulos non dan nin a valía, nin a empatía, nin son garantes de  que a persoa que os teñen sexan capaces de cumprir o traballo encomendado.

O asunto de moitos políticos que inflan o seu currículo pra facerse merecedores dun posto, ou que o fan pra aparentar, di moi pouco deles. Di moi pouco da calidade humana e da sinceridade coa que se ensalzan. Polo que  son dos que pensa que unha boa licenciatura, sen menosprezo doutras titulacións académicas, é estar licenciado pola universidade da vida. Ademais, cando a persoa morre, e  se escoita os que o acompañan ate o cemiterio, estes  nunca  falan de que o finado tiña moitos títulos. Non. Todos se resume nunha frase: 'foiche, ou non, boa persoa'. En fin, que andar pola vida poñendo no papel o que un non  ten, é igual que contar unha mentira que se agrava máis cando se accede a un cargo público. Pois indica que tamén no cargo se pode enganar e mentir a sabendas. E iso xa é de delincuentes. O caso desa rapaza   que tiña tres carreiras e que o alardeaba polos  medios  de ser moi intelixente  é de traca. Pois o primeiro que hai que ter na actividade política é non enganar nin dar gato pot lebre. Ben sei que hai moitos máis que agrandaron o seu Curriculo. Tamén sei  que hai moitos máis que xa borraron cousas da folla de servizo. Despois de todo penso, que moitas persoas sen titulo académico nin licenciatura son moi educados, prudentes e intelixentes, ademais de seren sinceros e non uns mentireiros, pois  cumplen moi ben cos seus traballos e son moi aficaces  como servidores públicos. Polo que fago por moi acaidas as verbas do comenzo: 'Para que voas tan alto atrevido pensamento...'.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com