1 de 311 en Opinión seguinte

"Españoles decentes"

Hai frases que delatan ás persoas. Frases que non aportan nada nun discurso político, mellor, que sacan a relucir a personalidade de quen as di e amosan a súa faciana agochada baixo un perfil de certa moderación.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 06/06/2025

Comparte esta noticia
Claro que, ate no fragor dun mitin, unha persoa pode dicir algunha cousa que sae fora do discurso e meter a para. Mais cando se lee o que está escrito a cousa xa ten visos de dicir o que querías dicir. Ou sexa: falar sen pelos na lingua a sabendas do que  dis. 
 
Nestes días na loita verbal da  política escóitanse frases ditas polos dirixentes das  principais forzas do Estado,   que mesmo  parecen  sacadas do pasado, si, do tempo da ditadura. Frases que lembran a aquelas como: “Los buenos españoles  o la gente de bien...” Frases que clasifican  ós cidadáns en bos ou malos, en decentes e indecentes,  e esas frases  díxoas quen pretende ser o presidente do goberno.  Son desatinos   que, no tempo en que vivimos,   soan como moi disonantes e desafinados,  dado  que resultan insultantes para unha gran parte da cidadanía deste Estado. Pois ben, na comparecencia do Sr. Feijoo anunciando unha concentración dos seus partidarios contra o goberno do presidente Sánchez,  soltou máis dunha destas frases. Goberno corrupto en estado de putrefacción, mafia etc. Unha gran parte da sociedade sabe que no devir diario da política empréganse moitas armas  contra o adversario, mais tamén se sabe que moitos dos que acusan e agora falan de corrupción non son precisamente un bo exemplo. Pois nas súas filas si que houbo corruptelas xeneralizadas e hoxe aínda teñen cargos na cadea. Ah, e non eran unha nin dúas mazas podres. Eran un mundo sistémico; e moita a froita podre. 
 
As comparacións moitas veces son odiosas, máis a sociedade  cansada de tantas novas, esquece axiña moitos asuntos que encheron as páxinas dos xornais. Hai erros que matan a un goberno, e hai frases que dilapidan o valor e a credibilidade da oposición. O goberno de Sánchez ten algúns e importantes erros que o lastran.   Mais clasificar en bos e malos, ou en decentes e indecentes a xente non é nada máis ca unha debilidade de quen pretende chegar á Moncloa. Pois cando non se presenta programa e se agocha o que se quere facer, é porque sábese  de antemán que non vende e que non da réditos electorais. Vivimos tempos nos que algúns xuíces, non todos, están a dar a matraca por irregularidades administrativas, mais os que as denuncian como corrupción esquecen que pra irregularidades como a  contratación de persoal eles foron e son os campións. Pois hai organismos públicos moi preto de nós onde se pode comprobar se facer moito esforzo.  En fin, vivimos nun tempo de polarización política que soamente  debuxa un país caótico, cando a realidade non é esa. Vivimos un tempo no que as ansías de chegar ó poder permiten, aliándose con  medios  que difunden medias verdades e mentiras  e que  traballan dunha maneira coordenada pra desnaturalizar á política e  desa maneira buscar o enfrontamento social. E iso é moi perigoso. O PP xa parece a extrema dereita.  Convocar á xente pra manifestarse contra o goberno é un dereito da oposición. Mais, clasificar ós cidadáns  chamando ós  que se consideran decentes é tanto como chamarlle ós que votan opcións políticas distintas   indecentes. E iso aínda que non o pareza é un insulto ademais de ser un erro  que pode ter consecuencias negativas para quen pensa que é un campión falado así.   
 

Manifestación da Coruña 'pola unidade de España'
Manifestación da Coruña 'pola unidade de España' | Fonte: PP DA CORUÑA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com