1 de 308 en Opinión seguinte

Tiranos con facha de demócratas

Levamos un tempo no que, por medio das urnas, están chegando ó poder gobernantes que, con faciana de demócratas, actúan como persoas egocéntricas que se achegan moito á tiranía. Persoas sen alma, que se endiosan e cren que son os amos únicos da razón, e como tal actúan.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 23/06/2025

Comparte esta noticia
Sobran exemplos: citarei tres ou catro. O ególatra e narciso Donal Trump, o ruso Bladimir Putin, o israelí Netanyahu  e o arxentino Milei. Quedan máis, entre eles o nicaragüense  Ortega e incluso o venezolano Maduro e podería seguir. Todos eles empregan o poder como se o cacho de terra onde gobernan fose da súa propiedade.  Mais o  certo é que  este planeta  está cheo de mandaríns que ignoran aposta os principios  básicos do que debe ser un gobernante e  os dereitos  dos cidadáns ós que representa. Dereitos  que  son: o respecto ás normas  básicas que amparan ós humanos.
 
Pois pra eles, as leis internacionais semella que non existen. Unha frase que dixo o papa León XIV  pode que nos faga meditar a todos: coidado co dominio da tecnoloxía, o diñeiro e o poder. E, en certa medida, ten moita razón. Dado que si soamente  seguimos o camiño que marcan eses tres temas: Tecnoloxía, Diñeiro e Poder  a sociedade irase deshumanizando cada día máis e creará unha clase social que, apoiada nese control, escravizará ós seres humanos. 
 
O finado  Pepe Mujica, expresidente uruguaio,  marcou un bo  contraste co  que  fan  estes ditadores e persoeiros  sen alma e o que el representa.  Polo que  unha sociedade,  por moi avanzada e moderna que sexa, si perde certos principios éticos, morais e tamén espirituais, camiña tendo  unha loita que a  deshumaniza e a converte en despótica, insolidaria e antisocial. O liberalismo económico sen ningún  control, como predican estes persoeiros,  é unha loita de todos contra todos que soamente trae egoísmo e perda de valores. E eso conduce ó mundo cara unha confrontación duns contra outros. Todas as novidades tecnolóxicas  e avances científicos son positivos, pero tamén son  armas de dobre fío. E nos tempos que vivimos, todos eses avances  teñen unha parte que si se emprega mal é un perigo para o ser humano. 
 
Vivimos tempos onde a tecnoloxía permite moitas cousas que facilitan a comunicación e un longo etc. Mais dende o poder esa tecnoloxía pode empregarse pra controlar á sociedade, influír  na súa maneira de pensar e  de votar. Polo que,   lanzar mentiras que semellan verdades e un sin fin de cuestións máis,  pode levarnos a que unha minoría, con moito poder,  nos manipule pra que logo elixamos  a estes tiranos. Votar seguindo os sentimentos, e esquecendo a reflexión e a razón, trae estes fracasos.  Polo que  cando o gobernante carece de principios éticos e morais, aparece  a persoa que se sinte amo das xentes,  das  facendas e  de case todo,  e  actúa como un déspota.   
 
E dado ise  paso, chégase á tiranía que leva ó individuo  a pretender se o amo de todo,  sen permitir que exista a oposicións que o poña en cuestión.  Exemplos temos no réxime chino, no ruso,  no iraní no  ianqui  e moitos máis.  Persoas  que se elixiron nunhas eleccións,  máis ou menos libres, e que ó chegaren ó poder  convertéronse pouco menos que en ditadores,  Pois eso é o que pode acontecer no mundo actual,  onde semella que si controlas á tecnoloxía, os cartos e por extensión o poder xa  gobernas o mundo.  En fin, corren tempos convulsos onde todo esta moi escuro.  Esperemos acontecementos e iremos vendo. 
 

O presidente de Arxentina, Javier Milei, intervén durante o acto Viva 24? de VOX, no Palacio de Vistalegre, a 19 de maio de 2024, en Madrid (España). O evento, chamado ?Viva 24? e organizado por VOX de maneira anual, celebra a súa terceira edición con. A. Pérez Meca - Europa Press
O presidente de Arxentina, Javier Milei, intervén durante o acto Viva 24? de VOX, no Palacio de Vistalegre, a 19 de maio de 2024, en Madrid (España). O evento, chamado ?Viva 24? e organizado por VOX de maneira anual, celebra a súa terceira edición con. A. Pérez Meca - Europa Press
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com