Loas para un narciso e un ególatra

Dente hai un tempo semella que, mediante o voto popular, elíxense para gobernar ás persoas máis ególatras, narcisistas, excéntricas e ruidosas que pululan polo mundo.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 02/07/2025

Comparte esta noticia
O  criterio de  racionalidade á hora de emitir o voto  está a ser   substituído  polo empuxe dos sentimentos e do cabreo  social.  Son moitos os casos que así o demostran, mais eu quero centrarme nun moi concreto, pois a tolemia, o narcisismo e a egolatría que irradia  este persoeiro fano merecente  de que ollemos a súa maneira moi peculiar e ditatorial  de actuar. 
 
No último cumio da OTAN o presidente deste organización militar  de defensa  amosou que, máis ca un presidente era, un lacaio do que hoxe manda   nos Estados Unidos.  As súas loas  amosárono como un dirixente  disposto a servir o seu amo, non sabemos se por contentalo e aparentar ou a cambio de que. Donal Trump  sempre tan imprevisto e incluso tan contraditorio  lanzou ó vento a proposta de que os países  desa organización teñen que aportar o cinco por cen do seu produto interior  para esa organización militar. E fixo sen presentar un plan nin cousa parecida. Non se  marcaron obxectivos nin se concretou ren. E todos os países presentes, coa excepción de España,  dixeron si, sabedores de que a maioría deles non vai chegar a esa inversión nin de lonxe. Logo do cabreo de Trump pola postura española, lanzounos unhas ameazas ademais de chamarnos  gorróns e que  pagariamos o dobre  polo que  dalgunha maneira  levaríanos  ó rego.
 
Nin que dicir que a postura e as ameazas deste narciso presidente non  tiveron unha contestación dos partidos políticos da dereita, e menos de Vox que considera a Trump  un amigo ó que admira. Pola contra cualifican a Sánchez cos insultos máis grosos que poidamos maxinar. Este silencio   da dereita amosa a grande contradición  dos que se lles enche a boca ó falar de España, a súa integridade e soberanía e calan cando debían defender o pais se é que queren ser coherentes co que predican.  Polo que, ou é que non se tomaron en serio as ameazas deste caprichoso presidente americano, ou  as súas louvanzas en favor deste señor lévanos a estar calados como se foran mortos. Mais aínda, dixeron que coa postura de Sanchez España perde creto diante os demais países. A verdade é que non entendo nada. Os partidos que se envolven na bandeira española calan por non desairar a este presidente que fala como se  fora o dono de Europa e do o mundo. Un home clasista e supremacista   que actúa así  pra que lle merquemos ós EE.UU. as armas  que eles fabrican, e deste xeito  reactivar a súa economía. Hai silencios que matan;  ó igual que hai maneiras de actuar que  deixan ben claras o servilismo e o españolismo de boquilla desta dereita que hoxe lanza mensaxes que degradan a democracia, e  cala diante as bravatas dun presidente que vai polo mundo  esixindo que lle rendan preitesía; que lle rebaixen os impostos as súas multinacionais, que teña un trato preferencial. En certa medida semella que estamos a volver ás costumes da  idade media onde hai que xurarlle  fidelidade ó señor feudal. Polo que a pregunta salta axiña: Pero os países non son soberanos pra defender as súas  posicións políticas?  Entendo que si. A dereita deste noso Estado a día de hoxe está, non sei se querendo emular a Trump,  empeñada en  cuestionar os procesos electorais que tivemos. Mais  cala diante as ameazas deste presidente fanfarrón.
 
En fin, vivimos tempos onde os sentimentos poden coa razón meditada; vivimos días   onde  non se pensa nin se  sopesan as cousas antes de emitir o voto. Estamos en  tempos onde as ansias de chegar ó poder deprecian a democracia. E con esa maneira de actuar  chegan ó cumio ditadores con faciana de demócratas. Con todo, resulta patético que os que aspiran a gobernar o Estado, diante asuntos tan importantes, calen e miren pra outro lado. E iso,  insisten que son patriotas e  falan de España como se fora soamente deles. De pena.
 

Donald Trump
Donald Trump | Fonte: JDNikhinson - AP - Arquivo
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com