1 de 312 en Opinión seguinte

Mover ficha

A morte do Papa Francisco, abre moitos interrogantes para o futuro da Igrexa Católica. A súa estrutura piramidal de mando vive nun mundo lonxe das bases que son todos os crentes, e esa distancia impídelle conectar cunha sociedade viva que vai modelando cada pouco tempo a súa maneira de ver e de enfrontarse ós problemas que ten a humanidade. Esa realidade deixa ver unha igrexa que semella superada polo dinamismo dunha sociedade en continua evolución.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 07/05/2025

Comparte esta noticia
As relixións, e neste caso a católica, cos seus erros que non foron poucos, e tamén coas súas virtudes,  actúa como unha guía espiritual e  moral  para millóns de persoas. Mais a evolución da sociedade cos seus avances e conflitos saca a luz as contradicións de todas as institucións,  e a Igrexa non é allea a ese tema, pois como é sabido as relixións son moi lentas e contrarias a mover moitos postulados, aínda que a sociedade xa os ten aceptados e  son seguidos pola maioría social que  se define como cristiá. 
 
Francisco no seu papado tentou mover  a estrutura eclesiástica e modificar asuntos moi importantes dentro da institución. Buscaba unha igrexa  que lle dera contestación a moitos retos sociais  do tempo no que vivimos.  E aínda que en moitos casos non o acadou, si que deixou a porta aberta a debates e problemas que o sucesor de Pedro terá que darlle resposta no futuro máis inmediato. Pois é sabido que todas as relixións, polo menos é o que predican, pretenden a felicidade da persoa mediante a forza espiritual e tentan darlle  contestación ós problemas éticos e morais   e incluso sociais que  na sociedade existen. Mais  cando a sociedade ve que a doutrina non responde ós retos do presente, as contrariedades afloran e a sociedade vai por un camiño e a relixión por outro distinto, ou esta  queda moi descolocada. Tamén inflúen neste tema os avances científicos e a situación política que acontece nos diferentes estados e nacións do mundo. E isto lévanos a que cando a sociedade xa ten asimilados temas que afectan á moral e a ética, aparece a relixións  sin dar un paso adiante e poñerse ó día nestes asuntos. Os tempos que corren, polo menos en accidente, para a relixión, aínda que non o pareza, son críticos. Pois  son moitos os conceptos   que a sociedade asumiu como normais, caso do divorcio, das relacións pre matrimoniais, o tema das leis que non obrigan como a morte asistida e o aborto, a superación do matrimonio relixioso como modelo pra crear unha familia, o tema da homosexualidade que é considerada por sectores moi conservadores  como unha enfermidade, os diferentes modelos de familia,   e podería seguir enumerando máis. Noutro orde de cousas está o tema das guerras, entre elas o  exterminio dos israelitas contra os palestinos,  os problemas do medio natural, e as limitacións e normas a un capitalismo salvaxe. Polo outro  lado   está a aceptación dos curas casados, o  celibato obrigatorio  e o acceso das mulleres o sacerdocio. Son moitos os temas que a igrexa católica ten que afrontar si quere darlle respostas a todos estes asuntos. Pois os casos citados   en occidente xa xon  asumidos  como normais  dentro da sociedade, mentres dende a institución non teñen resposta ou son condenados de facto. Todas as igrexas ó longo da historia sufriron modificacións non seus postulados. Polo que hoxe,   moita xente ve a relixión  como algo anquilosado  que segue con prédicas que teñen que ser revisadas pois  resultan obsoletas,  e xa din moi pouco. Moito ten que mudar á igrexa e mover ficha se quere seguir a ser  un referente ético e moral para esta sociedade do século XXI. Polo que o vindeiro Papa ou sigue o camiño de Francisco  e afonda nel ou, polo menos en occidente, ten un futuro gris e triste.

O Papa Francisco, nunha imaxe de arquivo.. CABILDO CATEDRAL DE SEVILLA
O Papa Francisco, nunha imaxe de arquivo.. CABILDO CATEDRAL DE SEVILLA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com