Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/06/2025 | Actualizada ás 17:04
O festival Revenidas 2025 pechou o seu cartel coa incorporación do grupo italiano Talco, a banda estatal Lendakaris Muertos, os galegos The Rapants, o trío valenciano Sons of Aguirre e o grupo alacantino Scila, entre outros. Segundo trasladou a organización do evento, tamén se unirán ao festival desde Valencia La Fúmiga; o dúo synth-punk La Elite; os barceloneses Buhos e Svetlana; o trío navarro-bizcaíno de pop electrónico J Martina e o trío estremeño Sanguijuelas del Guadiana.
Ademais, haberá propostas galegas como The Rapants, Mondra e Galician Army que chegarán a Vilaxoán (Pontevedra) con novos discos recentemente publicados. Nesta liña, estréanse no festival Terrae, a Orquestra Bravú Xangai, a banda de punk rock Seitura, e a figura emerxente Filloas.
A próxima semana o evento anunciará o cartel por días e posteriormente fará o mesmo co programa das actividades complementarias, como son os concertos a bordo, a gala de circo solidaria e as rutas por Vilaxoán. Os abonos para o tres xornadas do festival atópanse á venda na súa páxina web.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.