Achado sen vida un home flotando no río Cabe en Monforte de Lemos

O corpo foi rescatado por un particular e as autoridades investigan as causas do falecemento, que podería ser por afogamento.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 29/07/2025 | Actualizada ás 20:44

Comparte esta noticia

O servizo de emerxencias do 112 informou do achado do corpo sen vida dun home no río Cabe, en Monforte de Lemos. Segundo trasladou, o primeiro aviso por mor deste suceso chegou uns minutos despois das 17:00 horas. O alertante indicoulle ao 112 Galicia que albiscara o corpo dun home flotando boca abaixo no río, nunha zona sen profundidade.

Os xestores do 112 Galicia compartiron a información co Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, cos bombeiros de Monforte de Lemos, coa Policía Nacional e a Policía Local. Despois de que os servizos de emerxencias se desprazaran ata o punto, á altura da Rúa de Tomás Vázquez, só puideron confirmar que a persoa estaba falecida. O corpo xa fora rescatado por un particular.

Fontes policiais consultadas por Europa Press trasladaron que está en marcha a investigación e descoñécense as causas do falecemento, aínda que o corpo non ten signos evidentes de violencia e podería producirse un afogamento. 

Axega. AXEGA INFORMA
Axega. AXEGA INFORMA | Fonte: Europa Press

De feito, nesta mesma xornada xa foi rescatado un home (sen domicilio fixo) do río e os indicios apuntan que se trata do agora falecido.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta