Extinguido un lume en Fisterra tras queimar 24 hectáreas de monte raso

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/10/2025 | Actualizada ás 10:17

Comparte esta noticia

O incendio forestal no concello coruñés de Fisterra, parroquia de San Martiño de Duio, que afectou a 24,53 hectáreas de monte raso, quedou extinguido ás 19.11 horas deste domingo. O incendio comezara ás 18.46 horas do sábado e logrouse controlar ás 10.31 horas deste domingo, segundo informou a Consellería de Medio Rural.

Para a súa extinción mobilizáronse 10 axentes, 13 brigadas e 12 motobombas, segundo os último datos difundidos polo departamento autonómico responsable en material forestal. Pola súa banda, segue activo o incendio forestal na parroquia de Carboentes, no municipio pontevedrés de Rodeiro, que calcina máis de 20 hectáreas. Este lume iniciouse ás 14.26 horas do domingo.


Varios bombeiros forestais tratan de extinguir o lume en Lornís, a 18 de setembro de 2025, en Pantón, Lugo, Galicia (España).. Carlos Castro - Europa Press
Varios bombeiros forestais tratan de extinguir o lume en Lornís, a 18 de setembro de 2025, en Pantón, Lugo, Galicia (España).. Carlos Castro - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta