Ferida tras saír dun bus averiado e caer por un desnivel de dez metros

O incidente tivo lugar en Carballeda de Valedorras.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/10/2025 | Actualizada ás 10:23

Comparte esta noticia

Unha muller resultou ferida ao caer por un desnivel duns 10 metros tras baixarse dun autobús avariado no municipio ourensán de Carballeda de Valdeorras. Segundo informou o 112, o suceso tivo lugar esta mañá na estrada OU-122, á altura do quilómetro 13, na parroquia de Lardeira.

Foi un particular o que deu aviso ao servizo, informando de que unha muller se caeu por un desnivel e que, debido á dificultade do terreo, non podían acceder a ela, aínda que escoitaban os seus berros de auxilio.

O 112 mobilizou aos bombeiros e ao GES de Valdeorras, que interviñeron no rescate da muller, posteriormente trasladada polo 061 ao hospital. Tal e como apuntaron os equipos de emerxencias, a ferida estaba consciente, aínda que presentaba un golpe na cabeza e inmobilidade nunha perna.


Interior dun autobús
Interior dun autobús | Fonte: ATEDIBUS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta