En Galicia, cada chama ten unha historia: intereses económicos, vinganzas persoais ou trastornos mentais detrás dun verán que xa arrasou milleiros de hectáreas en Ourense e máis alá. Esta reportaxe afonda nas leis, as penas e os perfís de quen converten o monte nun campo de batalla.
  comenta   0
As imaxes mostran pobos, vivendas e espazos naturais arrasados en Ourense, León e Zamora, cunha superficie queimada catro veces superior á media histórica.
  comenta   0
Alberte Blanco, Director Xeral de Montes durante o bipartito (2005-2009), reflexiona sobre varios aspectos relativos aos lumes actuais. El foi o punto de mira do PPdeG durante a vaga de incendios do 2006.
  comenta   0
Un total de catro vivendas tiveron que ser desaloxadas por precaución ante o incendio forestal do municipio pontevedrés de Vilaboa, onde está declarada a Situación 2.
  comenta   0
A vaga histórica de incendios en Galicia, con Ourense como a provincia máis castigada, puxo o foco non só na destrución do monte, senón tamén no perigo que corren aldeas enteiras. Preparar as vivendas fronte ao lume é xa unha obriga de supervivencia e non unha opción.
  comenta   0
Atribúenselle dous delitos de incendio forestal por imprudencia grave e tres de lesións graves, polas queimaduras sufridas por tres brigadistas.
  comenta   0
Toda a provincia de Ourense permanece no nivel 2 de emerxencia, onde 12 lumes aínda sen extinguir calcinan máis de 5.100 hectáreas.
  comenta   0
O Macizo Central ourensán, un dos enclaves de maior valor ecolóxico de Galicia, vive unha traxedia repetida ano tras ano: milleiros de hectáreas arrasadas, concellos enteiros sinalados pola reincidencia dos lumes, prácticas preventivas cuestionadas e un abandono estrutural que converte a biodiversidade en cinza mentres as políticas públicas seguen sen frear unha devastación anunciada.
  comenta   0
A última vez que se activou este plan foi por un apagamento eléctrico nacional; hoxe faise fronte ao lume que arrasa boa parte do país, coa provincia de Ourense coma un dos grandes epicentros da crise.
  comenta   0
Hai seis grandes incendios activos que afectan a case 800 hectáreas. Está estabilizado o lume que afecta ás Fragas do Eume e que obrigou a desaloxar o mosteiro de Caaveiro
  comenta   0
A calor, o vento, a man humana e a falta de coidado do monte dan forma a un patrón que se repite cada verán. Así é o incendio forestal tipo que prende (ou que prenden) nos montes galegos, segundo o Pladiga 2025.
  comenta   0
O lume de Maceda puido ser intencionado, tal e como detallaron a alcaldesa da localidade e a Consellería de Medio Rural, xa que foi iniciado en entre cinco e seis focos simultáneos e durante a noite.
  comenta   0
Estabilizado se atopa o lume da parroquia de Monteseiro, na Fonsagrada, que arrasou 120 hectáreas.
  comenta   0
En Corme, gandeiros e agricultores converteron os seus tractores en armas contra o lume, mentres os equipos ‘Batracio’ da Xunta, pensados para ese labor, brillaban pola súa ausencia. Unha lección de coraxe veciñal e unha pregunta incómoda para a prevención en Galicia.
  comenta   1
A conselleira do Medio Rural cualificou a situación de "bastante estable", pero apelou tamén á responsabilidade da poboación.
  comenta   0
A Consellería do Medio Rural deu por extinguido o incendio forestal declarado na localidade ourensá de Carballeda de Avia, que segundo as estimacións calcinou 22,59 hectáreas.
  comenta   0
O incendio forestal que permanece activo na localidade pontevedresa de Salvaterra de Miño calcinou ao redor de 30 hectáreas e o que comezou este martes en Meaño afecta a máis de 20.
  comenta   0
O lume foi controlado na madrugada deste luns grazas ao despregamento de máis de 40 efectivos e medios aéreos.
  comenta   0
Xa arderon 12 hectáreas e ata agora mobilizouse a un técnico, nove axentes, 12 brigadas, 11 motobombas, dúas pas e un helicóptero.
  comenta   0
O lume, declarado ás 17.00 horas, afecta a menos dunha hectárea e mantén operativos os medios aéreos.
  comenta   0
O de Boiro xa foi extinguido e o de Valdeorras está controlado. Extinguido un lume en Monforte con catro focos, tras apagarse outro das mesmas características hai uns días.
  comenta   0
O lume iniciouse de madrugada e mobilizou helicópteros, avións, motobombas e máis de 40 efectivos.
  comenta   0
Un incendio forestal con tres focos atópase activo no municipio lucense de Monforte de Lemas, concretamente nas parroquias de Moreda e de Seoane, segundo detallou a Consellería do Medio Rural.