Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 02/07/2025 | Actualizada ás 13:39
Un incendio atópase activo no municipio coruñés de Lousame, na parroquia de Tállara, con 20 hectáreas arrasadas. Segundo informa a Consellería do Medio Rural nun comunicado, este departamento non ofrece información de motu proprio sobre lumes ata que se alcanzan as 20 hectáreas, o incendio iniciouse á 5:34 madrugada deste mércores.
Nas tarefas de extinción traballaron ata o momento: catro helicópteros, un avión, 12 motobombas, 15 brigadas, 13 axentes e un técnico. Todo iso nunha xornada na que se rexistran diferentes incendios noutros puntos de Galicia, tales como Monforte e A Mezquita (Ourense).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.