Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 02/08/2025 | Actualizada ás 20:46
Un incendio forestal que se atopa activo no municipio coruñés de Ponteceso, concretamente na parroquia de Cospindo, obrigou a desaloxar aos veciños da aldea de Balarés, xunto á praia.
Segundo confirmou a Europa Press o alcalde da localidade, José Manuel Mato, na aldea do Couto atópanse traballando escavadoras da Xunta para tentar crear unha devasa e que o lume non pase a unha zona próxima onde hai casas. Ademais, detallou que se cortou o acceso por estrada a Balarés, "así como o acceso desde Brantuas, do cruzamento que vai a Brantuas dirección Malpica ata Ponteceso".
Segundo detallou a Consellería do Medio Rural, o lume iniciouse ás 16.12 horas deste sábado e, tal e como confirmou a Europa Press o alcalde da localidade, José Manuel Mato, "o incendio ten actualmente varios focos".Ata alí desprazáronse seis axentes, seis brigadas, catro motobombas, dúas pas, un técnico, unha unidade técnica de apoio e tres helicópteros.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.