Acusa a Sánchez de ocultar a súa "inoperancia" e lembra que non saben nada da partida do Fondo Social para o clima da UE.
  comenta   0
O lume de Maceda puido ser intencionado, tal e como detallaron a alcaldesa da localidade e a Consellería de Medio Rural, xa que foi iniciado en entre cinco e seis focos simultáneos e durante a noite.
  comenta   0
Estabilizado se atopa o lume da parroquia de Monteseiro, na Fonsagrada, que arrasou 120 hectáreas.
  comenta   0
Cada verán repítese o patrón: os incendios forestais volven aos mesmos lugares de Galicia. A pesar dos plans, da experiencia e das alertas, o monte segue a arder entre abandono, especies inflamables e impunidade. O que para outros é unha ameaza, para moitos xa é rutina.
  comenta   1
En Corme, gandeiros e agricultores converteron os seus tractores en armas contra o lume, mentres os equipos ‘Batracio’ da Xunta, pensados para ese labor, brillaban pola súa ausencia. Unha lección de coraxe veciñal e unha pregunta incómoda para a prevención en Galicia.
  comenta   1
Un incendio no Saviñao, declarado as 18.39 horas do xoves, permanece controlado dende as 00.45 horas, así como un na Mezquita, comezado durante a noite e que xa calcina 3 hectáreas.
  comenta   0
O presidente da Deputación da Coruña, o socialista Valentín González Formoso, tachou de "terrorismo ambiental" os incendios forestais que se consideraron intencionados, ademais de trasladar a súa solidariedade coas persoas afectadas
  comenta   0
Permanece activo o incendio no municipio lucense da Fonsagrada, na parroquia de Monteseiro, iniciado ás 15,30 horas do martes, cunha superficie calcinada que aumenta ata a 120 hectáreas.
  comenta   0
Nordés intenso, baixa humidade e altas temperaturas complican as labores de extinción e obrigan a priorizar a protección de persoas e infraestruturas. Máxima dificultade nos lumes de Corme-Aldea (Ponteceso), Santiaguiñodo Monte (Padrón) e Esteiro (Muros).
  comenta   1
Segundo confirmaron fontes do 112 Galicia a Europa Press, sobre as 16.15 horas varios particulares alertaron á central de emerxencias de que había un vehículo envorcado no río e sospeitaban que había unha persoa no interior
  comenta   0
Complexos cálculos matemáticos e aplicación de Intelixencia Artificial para simular o fluxo de ríos, a previsión de inundacións e a xestión de recursos hídricos. Un traballo estuda dous ríos con alto risco de inundacións, o Anllóns e o río Groba, para analizar como actuar ante riscos de aumento de caudais.
  comenta   1
Segundo fontes do TSXG, o home é investigado por lesións agravadas, ameazas e quebrantamento, sen prexuízo de que a cualificación poida cambiar ao longo da instrución.
  comenta   0
Un xabaril e un cabalo causan senllos accidentes, resultando tres persoas feridas en Ponteceso e unha en Gondomar.
  comenta   0
En total haberá 38 alumnos de 23 centros de Galicia e compítese por parellas en catro modalidades: Xardinaría Paisaxística, Sistemas Robóticos Integrados, Mecatrónica e Robótica Colaborativa. Galicia participa en 34 modalidades de 'skills', das que 29 son competicións oficiais e clasificables para os campionatos internacionais.
  comenta   0