Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/08/2025 | Actualizada ás 21:04
A Garda Civil detivo a un home, veciño da Gudiña, como presunto responsable dun incendio forestal en Oímbra que calcina máis de 5.000 hectáreas e no que resultaron feridos tres brigadistas que permanecen ingresados.
Segundo informou o Instituto Armado, o home, de 46 anos, realizaba labores de limpeza e roza cun tractor cando se atopaba vixente o índice de risco extremo de incendio.
Ao home atribúenselle dous delitos de incendio forestal por imprudencia grave e tres de lesións graves, xa que tres brigadistas sufriron queimaduras e permanecen ingresados no complexo hospitalario universitario da Coruña (Chuac).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.