As comunicacións por estrada e tren coa meseta cortadas na provincia de Ourense

Máis de 1.000 vehículos retidos na A-52, cortada entre Xinzo e Benavente. A Garda Civil pide responsabilidade

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/08/2025 | Actualizada ás 19:57

Comparte esta noticia

A autovía A-52, que une Galicia con Castela e León, atópase totalmente cortada desde Xinzo a Benavente pola onda de incendios sen control que afecta á provincia de Ourense. Ante isto, a Garda Civil emitiu un comunicado e fixo un chamamento á sociedade a ser responsables e detallou que hai máis de 1.000 vehículos retidos.

Durante a xornada deste xoves os incendios provocaron cortes en varios puntos da autovía das Rías Baixas, así como na N-525. Así mesmo, a circulación de trens entre Galicia e Madrid está cancelada para o resto do día debido á vaga de incendios.

Retención de vehículos na autovía A-52, á entrada do túnel da Cañiza, en dirección Ourense
Retención de vehículos na autovía A-52, á entrada do túnel da Cañiza, en dirección Ourense | Fonte: .. DGT

A este caos circulatorio súmsase tamén a paralización do servizo ferroviario entre Galicia e Madrid, debido, tamén aos numerosos incendios que afectan á provincia de Ourense.

OPERACIÓN SAÍDA

De feito, os incendios seguen complicando o inicio da Operación Saída, con 12 estradas cortadas, segundo informa a Dirección Xeral de Tráfico (DXT) no seu boletín das 18:00 horas. Unha das estradas afectadas é a A-52, tanto na provincia de Ourense, na zona da Gudiña, en ambos os sentidos, como na provincia de Zamora, en Robleda, neste caso dirección Ourense. As outras once vías afectadas son secundarias. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta