“230 xornalistas asasinados, 480 feridos e 49 detidos”: o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia denuncia a guerra de Israel en Gaza

Piden que se "deteña o asasinato de xornalistas” e que se “permita a entrada de informadores internacionais”.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/07/2025 | Actualizada ás 13:57

Comparte esta noticia

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia denunciou a "guerra contra a verdade" que está a executar Israel en Gaza e reclamou que se "deteña o asasinato de xornalistas, permítase a entrada de informadores internacionais e garántanse as subministracións básicas mínimos para toda a poboación da franxa". Segundo trasladou o organismo nunha nota de prensa, o Sindicato de Xornalistas Palestinos, contabiliza xa "230 xornalistas asasinados, 480 feridos, 49 detidos e 112 instalacións de medios destruídas desde que Israel comezou a súa ofensiva o 7 de outubro de 2023".

Nesta liña, subliñou que as cifras "reflicten de por si que a de Gaza é unha das guerras máis devastadoras da historia para a profesión". A iso súmaselle, engadiron, que os xornalistas locais "están a sufrir fame propiciada polo bloqueo e as políticas do exército invasor que os conduce irremediablemente á morte". Así mesmo, sinalou o "impedimento de acceso á prensa internacional, a eliminación física de centos de xornalistas locais, a censura de contidos e, a propaganda de guerra de Israel". Con todo, salientou que "a comunidade xornalística internacional non pode quedar calada ante un dos maiores atentados contra a profesión", e chamaron a "alzar a voz ata que se deteñan todos os crimes e se garantan os dereitos humanos en Gaza".

Campaña en contra dos xornalistas asasinadas en Gaza por Israel
Campaña en contra dos xornalistas asasinadas en Gaza por Israel

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta