María Varela, redactora xefa do Diario de Pontevedra; Anxos Fazáns, directora de cine; e María Obelleiro, directora de Sermos Galiza, participaron nun debate no que condenaron os "micromachismos" que atopan "a diario" e o teito de cristal que nega espazos de poder. Coidan, ademais, que hai unha "dupla e tripla" discriminación cara ás mulleres novas galegas.
  comenta   0
Elena López, unha das integrantes do colectivo, explícanos os obxectivos deste proxecto que se presenta este sábado 10 en Santiago. Nacido á par do movemento 8-M, defenden a necesidade dunha perspectiva feminista nos contidos dos medios, ademais de loitar polos dereitos laborais da muller no sector. Pretenden crear unha "rede de seguridade" que lles "permita denunciar inxustizas sen medo".
  comenta   1
O acto de presentación será este sábado na Facultade de Ciencias da Comunicación de Compostela e contará cunha mesa de expertas.
  comenta   0
"Temos unha oportunidade única de reverter esta situación e incidir na creación dunha corrente de opinión masiva que esixa un xornalismo implicado co feminismo e a igualdade real”, apuntan no seu manifesto fundacional.
  comenta   0