As décadas dos 80 e os 90 do século XX en Galicia viron nacer unha vaga de fanzines que foron plataformas de expresión para futuros creadores e creadoras en diversas áreas. Porén, tamén houbo fanzines (moitos) que no seu momento deron expresión á rabia e ao fastío da xente nova en lugares non urbanos ou case urbanos. Política, medioambiente, antimilitarismo, pacifismo, denuncia social e outros temas hoxe moi actuais, tiveron nestas pequenas publicacións o altofalante que lles faltaba na prensa xeralista.
  comenta   0
Os "pratos fortes" son o grupo ZOO que actuará por última vez ou Os Chikos del Maíz que anunciaron unha "tregua indefinida".
Chégase á segunda xornada do festival e polos escenarios de Vilaxoán pasarán Tropa do Carallo (o novo grupo de Evaristo Páramos), Rebeliom do Inframundo, La Regadera, Sheila Patricia e La Duendeneta
  comenta   0
O Revenidas segue a medrar en diversificación de propostas festivaleiras. Nesta ocasión faino coa celebración da primeira edición do 'Revenidas Miúdo', evento que contará cunha escollida programación de música infantil e artes escénicas galegas.
  comenta   0
Vendeu en poucas horas o 80% das entradas para a súa edición do próximo ano, que se celebrará do 28 de xuño ao 1 de xullo en Viveiro.