Os gandeiros protestan ante Gadis contra as "manobras especulativas" coa carne

2.000 empregos do sector "corren perigo" na provincia de Ourense, que é "tan importante" como Alcoa para A Mariña, sinala Unións Agrarias.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 15/06/2020 | Actualizada ás 19:19

Comparte esta noticia

Gandeiros realizaron unha protesta este luns ante un supermercado Gadis de Xinzo de Limia para chamar a atención pola caída de prezos da carne de entre o "20% e o 25%", pero que non repercute no consumidor.

O responsable de gandaría extensiva de Unións Agrarias (UU.AA.), Xosé Ramón González, sinalou que esta é unha "campaña de sensibilización" ante a "difícil" situación que atravesa o sector pola crise do coronavirus.

Lamenta que se cobra entre "100 e 150 euros" por becerro, que atribúe a "manobras especulativas", xa que ese descenso de prezo aos produtores "non se reflicte de ningunha maneira".

Tamén lamenta de que "non parece de recibo" que nas principais cadeas de distribución non haxa carne certificada de Tenreira Galega.

Por todo iso, empraza ao conselleiro de Medio Rural, José González, a que se involucre ante a "crise" que atravesa o sector. Pide sentar a todos os axentes implicados para abordar medidas ante este problema na "transparencia" do mercado e da cadea de valor.

E é que sostén que 2.000 empregos do sector "corren perigo" na provincia de Ourense, que é "tan importante" como Alcoa para A Mariña.

Concentración de gandeiros de Xinzo ante un supermercado Gadis
Concentración de gandeiros de Xinzo ante un supermercado Gadis | Fonte: Unións Agrarias

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta