Rescatan un mozo nas proximidades do encoro de Castrelo do Miño

Outra persoa foi atendida en Rois tras sufrir unha picadura.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/06/2020 | Actualizada ás 20:50

Comparte esta noticia

Un mozo tivo que ser rescatado polos servizos de Emerxencias tras quedar atrapado nas proximidades do encoro do Castrelo do Miño. O 112 recibiu o aviso por parte de varias particulares, sobre as 18,00 horas, de que unha persoa solicitaba axuda e que podería ter problemas para abandonar a zona.

A central de Emerxencias alertou do ocorrido á Garda Civil, aos Bombeiros de Carballiño, ao GES de Ribadavia e ao 061. Os efectivos desprazados chegaron a pedir a colaboración do persoal do encoro para reducir o caudal da saída de auga, para así proceder con seguridade ao rescate do mozo.

Por outra banda, media hora máis tarde, os servizos sanitarios informaron ao 112 Galicia da saída do helicóptero medicalizado con base en Santiago, para atender unha persoa que sufrira unha reacción a unha picadura, no concello de Rois, concretamente no lugar de Covas.

Presa de Castrelo de Miño
Presa de Castrelo de Miño | Fonte: iagua.es

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta