Por E.P. | Santiago de Compostela | 22/06/2020 | Actualizada ás 20:11
O comité clínico de expertos sanitarios reuniuse na tarde deste luns para actualizar o plan de control e vixilancia contra brotes de coronavirus en Galicia.
Mentres, o foco con nove casos positivos de COVID-19 na comarca do Barbanza mantense sen cambios tras obter 74 PCR negativas entre contactos identificados, mentres oito probas están pendentes de resultado.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presidiu este comité clínico no que se analizou este plan despois de que desde o domingo reabriuse a libre circulación polo país.
No encontro tamén se abordou o inicio esta semana do segundo cribado aos usuarios e traballadores de centros sanitarios en relación co impacto do coronavirus.
Ademais, tratáronse recomendacións estruturais e organizativas para residencias de maiores, á vez que se abordaron medidas para e lsector do lecer nocturno e verbenas como aforamento, distancia ou ventilación.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.