Temperaturas de máis de 36º na conca do Miño

Ourense, con 36,8ºC, e Leiro, con 36,7ºC, rexistran a temperatura máxima en Galicia. Este martes espéranse temperaturas semellantes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/06/2020 | Actualizada ás 09:58

Comparte esta noticia

A cidade de Ourense, con 36,8 graos centígrados, e a localidade ourensá de Leiro, con 36,7ºC, rexistraron a temperatura máxima en Galicia na xornada deste luns, na que os termómetros ascenderon e superaron os 30 graos en diversas localidades galegas.

Así, segundo os rexistros de Meteogalicia, recollidos por Europa Press, como os dous anteriores, na tarde deste luns o municipio ourensán de Castrelo de Miño alcanzou os 36,2ºC e o de Arnoia, na mesma provincia, os 35,8ºC.

En localidades de montaña, este luns as temperaturas subiron ata os 29,3ºC en Vilariño de Conso (Ourense) e os 28,7ºC de Navia de Suarna (Lugo), mentres que nas ourensás de Maceda e San Xoán de Río alcanzáronse os 28ºC.

Nas primeiras horas deste martes alcanzáronse valores de 26,1ºC en Vigo ás 2,10 horas; 26ºC nas Neves ás 9,00 horas; 25,7ºC en Tui ás 2,10 horas; 25ºC en Fornelos de Montes ás 6,10 horas e 24,8ºC en Cuntis ás 8,00 horas, todas elas localidades da provincia de Pontevedra.

Parte da provincia de Ourense terá este martes aviso amarelo por calor nunha xornada na que se esperan temperaturas superiores aos 36 graos centígrados. En concreto estará activado entre as 15,00 e as 21,00 horas deste martes na zona do Miño en Ourense e na área de Valdeorras.

Sol, ceo despexado, calor, verán. XUNTA - Arquivo
Sol, ceo despexado, calor, verán. XUNTA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta