Usuaria de residencia de día: "É inxusto que abran discotecas, e todo, e nós non"

Marta, do centro Limisi, amosase moi crítica coa decisión da Xunta de non permitir a apertura de centros de día.

Por Galicia Confidencial | Verín | 23/06/2020 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia informaba o pasado venres, 29 de maio, que os centros ocupacionais deberían permanecer pechados ata o 1 de setembro. Unha medida que obriga a persoas con diversidade funcional, nenos e a maiores a quedar na casa o que, para entidades que se encargan do seu coidado, supón unha marxinación.

Marta, usuaria do centro de día Limisi
Marta, usuaria do centro de día Limisi

Así, entidades como LIMISI, que traballa con persoas con diversidade funcional do rural, critica duramente ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo por solicitar ao Goberno central, desde que comezou a fase 0, “avances e flexibilidade na desescalada no noso país”. Con todo, denunciaba que el non fai o mesmo cos usuarios dos servizos sociais de Galicia. “Centros ocupacionais, centros de día e escolas infantís de Galicia teremos que permanecer pechados ata o 1 de setembro mentres noutras comunidades autónomas si van retomando o seu traballo”, denunciaba hai uns días nun comunicado.

Por iso, iniciou unha campaña en redes sociais baixo o lema "Baixa de sobreprotección, non me negues dereitos" e os cancelos #ADiscapacidadePrecisaAtención #DesescalarosCentrosOcupacionais no que están participando usuarios e traballadores destes centros pedindo a súa reapertura.

Un deses casos é Marta que critica ao goberno por non poder ir ao centro ocupacional. "É inxusto que abran discotecas, e todo, e nós non", apunta neste vídeo:

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta