Baixan en catro os casos activos por COVID-19, ata 331

A maioría correspóndense ás áreas da Coruña e Vigo, 108 e 135, respectivamente

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 24/06/2020 | Actualizada ás 12:51

Comparte esta noticia

Os casos activos de coronavirus COVID-19 en Galicia diminuíron en catro con respecto a este martes e sitúanse en 331, mentres que as persoas curadas incrementáronse en nove, ata os 10.554.

Así consta nos datos actualizados este martes pola Consellería de Sanidade, nos que se precisa que outros 327 pacientes atópanse en seguimento nos seus domicilios, segundo informa a Consellería de Sanidade en base á última actualización realizada.

Dos 331 casos activos, 108 son da área da Coruña, 17 da de Lugo, 21 da de Ourense, oito da de Pontevedra, 135 da área de Vigo, 31 da de Santiago, e 11 da de Ferrol. Vinculados a centros residenciais, figuran catro usuarios e un profesional.

Do total de pacientes positivos, catro están en unidades de hospitalización e 327 no domicilio. Non hai pacientes positivos en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.554 personascuradas, rexistrándose 619 falecementos, dos que vinculados a centros residenciais son 132 en residencias e 142 en hospitais e residencias integradas. O número de PCR realizadas é de 168.410.

En canto ao número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais de Galicia supoñen, segundo a Consellería, o 0,01% do total das persoas residentes. Na xornada deste martes, precisa tamén, non se rexistraron falecementos en centros residenciais. Ademais, aclara que os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

Realización do test COVID na segunda onda do estudo epidemiolóxico do Sergas nun centro de saúde de Galicia.. CEDIDA
Realización do test COVID na segunda onda do estudo epidemiolóxico do Sergas nun centro de saúde de Galicia.. CEDIDA | Fonte: EUROPA PRESS

RESIDENCIAS

Por outra banda, os casos de COVID-19 en residencias de maiores de Galicia seguen en cinco este mércores, ao non haber cambios nas últimas 24 horas, segundo os datos facilitados pola Xunta. En concreto, rexístranse catro casos positivos entre usuarios; tres deles na residencia Santa Teresa Jornet na Coruña e un en Caser A Zapateira en Culleredo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta