“Onde o mundo se chama Parlamento”

A Profunda crise económica e política que se vive en Galicia e no conxunto do Estado Español xera un punto de inflexión nos xeitos e métodos de realizar política. Seguramente esteamos presenciando un antes e un despois dos estilos e contidos de actuación da partidocracia burguesa. Mais tamén o nacemento de novas maneiras de actuación política da esquerda nacional transformadora.

Por Lois Pérez Leira | Vigo | 07/02/2013

Comparte esta noticia
O Parlamento Galego cada vez máis estase pechando sobre si mesmo. O Pazo do Hórreo estase a converter nun bunker ou nun “Palacio de Inverno” pechado baixo sete chaves, para que os berros desesperados da sociedade non se poidan escoitar. Entrementres o grupo parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda tomou a revolucionaria decisión de abandonar o “bunker” para saír á rúa. Para que desde a sociedade real se rodee o Parlamento coas súas loitas e a “Bastilla galega” ou o “Palacio de Inverno” do Zar–Feijoo termine sendo ocupado polos seus lexítimos propietarios, o pobo cidadán. 
 
Hai algúns anos dixen “Onde o mundo se chama Parlamento” xogando coas imaxes poéticas de Celso Emilio Ferreiro, sinale ao parlamentarismo burgués no marco do capitalismo, como a trampa perfecta para apresar e atar as mans aos deputados da esquerda incluída a revolucionaria.. É o lugar onde algúns “progres” pensan que se pode cambiar a sociedade. Estes queren facernos crer que é desde o parlamento onde a sociedade avanza ou desde onde pode retroceder. A verdade é outra ben distinta. O funcionamento burocrático do Parlamento serve para desvincular aos deputados cos seus electores e afastalos da sociedade civil. A sociedade real, a cotiá, a de todos os días a que sofre e é vítima deste modelo inhumando, inmoral e caduco que é capitalismo. O parlamento non é outra cousa que a “santificación superestructural” do modelo vixente. 
 
Esta dura crítica a este instrumento de representación electoral non significa que o labor parlamentario non se pode converter nun arma de denuncia do actual sistema e unha caixa de resonancia das loitas populares. Para os marxistas revolucionarios a participación nestes procesos democrático–burgueses, é un medio, é unha expresión máis da loita de clases. Diría o propio Lenin: “A participación nun parlamento democrático–burgués , lonxe de prexudicar ao proletariado revolucionario, permítelle demostrar máis facilmente ás masas atrasadas porque semellantes parlamentos merecen ser disoltos” Os marxistas contemporáneos temos o deber de utilizar este espazo de resonancia política desde a perspectiva transformadora da sociedade. 
 
AGE e os seus deputados, logo de marcar unha presenza clara, alternativa e de esquerdas durante estes dous meses de labor parlamentario, decidiu baixar á rúa, para percorrer os barrios, as fábricas, as facultades, os colexios, as vilas e aldeas da Galicia rural e mariñeira, acompañar aos damnificados polas preferentes, estar xunto aos desafiuzados das súas vivendas, para compartir o día a día cos que loitan, para organizar a rebelión social, única forma cidadá de facer valer os dereitos universais dos homes e mulleres da nosa terra.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Lois Pérez Leira Naceu en Vigo en 1953, emigrando á Arxentina cos seus pais sendo aínda un neno. En 1990 retorno definitivamente a Galicia, especializándose en temas migratorios. Durante estes últimos anos escribiu numerosos libros sobre a emigración galega e impartiu distintas conferencias en distintos países do mundo. Nos últimos anos se dedicou ao documentalismo sendo director de 18 documentais. Na actualidade é o secretario xeral de Nova Esquerda Socialista, organización que participa do Novo Proyecto Común. Foi distinguido en numerososa oportunidades, sendo nomeado cidadán ilustre da cidade de Salvador de Bahia.