Reciben a berros de "fascistas" a Vox, que volve chamar "racista" a Castelao en Pontevedra

Varias ducias de persoas protestaron contra Javier Ortega Smith antes de ofrecer un mitin.

Por Europa Press / Redacción | Pontevedra | 27/06/2020 | Actualizada ás 20:09

Comparte esta noticia

Varias decenas de persoas recibiron ao secretario xeral de Vox e deputado no Congreso, Javier Ortega Smith, con berros de "fascistas fóra, fóra de Pontevedra" antes de ofrecer un mitin na Alameda de Pontevedra, municipio no que o dirixente da formación que dirixe Santiago Abascal despregou este sábado a súa axenda.

Acto de Vox en Pontevedra
Acto de Vox en Pontevedra | Fonte: @VoxPontevedra.

No seu discurso fronte ao edificio do Concello de Pontevedra, que goberna o BNG co PSdeG, e a escasos metros do instituto Valle-Inclán, onde o propio Castelao exerceu como profesor, Ortega Smith volveu a chamar "antiespañol, racista e nacionalista" ao intelectual galego que emigrou a Arxentina para evitar a represión franquista.

O deputado de Vox xa usara estas palabras este venres, en Xinzo de Limia, para referirse ao galeguista que dá nome a un dos recoñecementos anuais que dá a Xunta de Galicia --xunto coas Medallas de Galicia--, tal e como son as Medallas Castelao.

Precisamente, estes galardóns entréganse cada 28 de xuño (este domingo) nun acto que, como é habitual, preside o xefe do Executivo autonómico, Alberto Núñez Feijóo, coincidindo coa dobre efeméride do plebiscito do Estatuto de Autonomía de Galicia do ano 1936 e a repatriación dos restos do político, escritor e debuxante galego.

Precisamente, estas palabras de Ortega Smith foron obxecto de balbordo nas redes sociais na xornada do sábado e tamén se pronunciaron en contra Podemos Galicia e o BNG, entre outras voces.

"Ortega Smith (Vox) en Xinzo de Limia chamando racista e xenófobo a Castelao. Con este tipo de xente é coa que quere gobernar Feijóo. Non o imos permitir. A esquerda temos que gañar estas eleccións. Se ti votas, Feijóo e Vox perden", sinalou Podemos.

Pola súa banda, o BNG apunta que "Castelao é a principal figura da nación galega no século XX". "E o nacionalismo galego é emancipador, igualitario, republicano, pacifista, internacionalista. Para un fascista falar de Castelao ou de nós, primeiro debe lavar a boca. #CastelaoSempre", tuitearon os nacionalistas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 33 comentarios

12 anonimo 2

“Para nós, os galegos, afeitos a percorrermos o mundo e a conviver com todas as raças, O NACIONALISMO RACISTA É UM DELITO E TAMBÉM UM PECADO. Endejamais medimos os diâmetros do nosso crâneo, nem lho medimos a ninguém para ser admitido na nossa comunidade”, “Non hai máis que un sol para todos; pero este sol único fai negros en África e loiros en Escandinavia. .... E O MÁIS RESPEITABLE É A VARIEDADE”, “...nós somos galegos; xente prudente e de bo sentido, liberal e pacifista, entusiasta até o lirismo, ... Estas ideias poden concretarse nos catro principios siguentes: a) Autonomía integral de Galiza para federarse cos demais pobos de Hespaña. b) República Federal Hespañola para confederarse con Portugal. c) Confederación Ibérica para ingresar na Unión Europea. d) Estados Unidos de Europa para constituír a Unión Mundial.” Mais lermos o Sempre en Galiza e menos demagoxia! SE QUEREMOS ACUSAR A CASTELAO DE ALGO É DE DEFENDERA DIVERSIDADE

11 Ana

O nacionalismo galego NUNCA foi racista. Galeguismo ou iberismo son duas palabras incompatibles con racismo ou imperialismo. Por iso moitos nacionalistas ademáis de ser nacionalistas somos iberistas. Xamais escoitaredes a un nacionalista galego defender que se levanten muros a inmigración, decir que pertence a unha raza superior ou chamar "sudaca" a alguen. Cambiando de tema, nunca votaria a un partido que defendese a barbarie das touradas ou a vacunación obrigatoria.

1 Riuriu

Pois entón non votes BNG, porque na única cidade galega onde hai touros goberna o BNG desde sempre

2 nostrus

Ana, los nacionalismos son todos racistas, supremacistas y excluyentes y si no los paramos a tiempo acaban en violencia. Algunos nacionalismos pueden parecer simpaticos cuando son pequeñitos, pero si los dejamos crecer son peligrosísimos. el nacionalismo gallego parece inocuo, pero en sus entrañas se encierra la violacion de derechos de muchas personas que tienen derecho a opinar. Los nacionalismos diseñan una supuesta nacion de acuerdo con sus pajas mentales, pero la nacion es fruto de la voluntad de sus habitantes. El nacionalismo es como un caimán que puede parecer simpático mientras no crezca. El nacionalismo es incongruente y niega a los demás lo que exigen para si mismos.

3 Espello de Nostrus

Nostrus, los nacionalismos son todos racistas, supremacistas y excluyentes y si no los paramos a tiempo acaban en violencia. Algunos nacionalismos pueden parecer simpaticos cuando son pequeñitos, pero si los dejamos crecer son peligrosísimos. el nacionalismo español parece inocuo, pero en sus entrañas se encierra la violacion de derechos de muchas personas que tienen derecho a opinar. Los nacionalismos diseñan una supuesta nacion de acuerdo con sus pajas mentales, pero la nacion es fruto de la voluntad de sus habitantes. El nacionalismo es como un caimán que puede parecer simpático mientras no crezca. El nacionalismo es incongruente y niega a los demás lo que exigen para si mismos.

4 nostrus

Ao que olica o meu Q. Certamente, o nacionalismo español case é tan noxento como o nacionalismo galego. E digo "case" porque polo menos teñen a decencia de non excluir a ningún español, mentras o nacionalismo galego ( e outros da súa mesma calaña) si que pretenden excluir a outras personas que teñen direito. Ademais o nacionalismo español (tamén noxento) fanatizase cunha nacion de verdade aporveitando o construido, mentras que o nacionalismo galego fanatízae nunha nacion virtual e é destructivo. Nacionalismos (de calquer xeito) NON, só valen para enliar e non solucionan nada.

5 Alpinista

Axuda desinteresada para que un analfabeto funcional deixe de facer o ridículo. Primeiro, a letra Q nun texto en galego ten por nome "que" e representa o fonema /k/ (de cagada). Segundo, o racismo español foi responsable da aniquilación de pobos e culturas peninsulares, africanas, americanas e asiáticas; das redadas, e da expulsión de xudeos, musulmáns ou ciganos; da escravitude e da morte do que pensa diferente. Terceiro, comparar feitos con presuntos desexos é propio dun simple, pois aqueles son perseguibles e pódense pedir responsabilidades, pola contra os supostos pensamentos impuros non son delito (salvo na cabeza do verdadeiro delincuente que os usa para disculpar os propios).

6 Alpinista

Cuarto, se calquera nación é unha construción, un invento humano de carácter temporal --ten comezo e caducidade--, logo ningunha é natural nin verdade (salvo para os crentes fanatizados dunha determinada relixión que precisan negar o de terceiros para xustificarse como os auténticos escollidos polo seu deus particular). E quinto, non hai nada máis falso que os que desde un discurso ultranacionalista españolista se negan a si mesmo para provocar (ridículo até a náusea). A ignorancia pode curarse, procura axuda especializada e serás máis feliz.

7 nostrus

os crentes fanatizados dunha determinada relixión que precisan negar o de terceiros para xustificarse como os auténticos escollidos polo seu deus particular son os ultragalegueiros que pretenden arrebatar dos seus direitos a opinar aos demais compatriotas cos que comparten nacion. E si para ti a españolidade esta asociada a represion e xenocidio, que saibas que tes a misma cuota de responsabilidade que teño eu, agás que pola tu parte tiveras algun antergo xenocida e nesa caso a tua responsabilidade seria maior, xa que pola miña parte eu non teño ningún.

8 nostrus

Ao que olica o meu Q (1). En una democracia el idioma oficial obedece a la realidad lingüistica social de un territorio y no al origen de una lengua, asi en Argentina el español es oficial a pesar de no originarse alli y en Roma el latín no es oficial a pesar de originarse alli. Sería ridículo fanatizarse con el latín alegando que es mas antiguo que el gallego y es absurdo fanatizarse con el gallego apelando a propiedades que no tiene y si el gallego tiene una utilidad limitada es por su propia dimension y no porque se le tenga manía. Vosotros os fanatizais por el nombre que tiene y no por su utilidad y yo pretendo que sea oficial en Galicia porque aqui es una lengua viva y mucha gente se siente cómoda usándolo, a pesar de ser una lengua innecesaria y excasamente útil, de hecho en Murcia no lo tienen y son felices

10 Ana

Cando non tes proxecto nin nada que ofrecer so che queda crispar para que falen de ti. Iso si chamar racista a quen nunca o foi paraceme xa o colmo, mais ainda por parte de quenes queren levantar muros a inmigracion. Para min mais importante que ser español e ser galego e iberista. En definitiva creer nun pais donde se recoñezan as diferentes nacions e linguas existentes e non nun pais centralista donde se impon a lingua dunha das nacions (Castela) ao resto de nacions. En fin, ultradereita española e cultura como que non pegan moito.

1 nostrus

Ana, a tua fe confúndete. O castelan é lingua oficial en Galicia dende hai séculos debido a sua realidade lingüistica social, como tamén o é en moitas nacions do mundo, porque as linguas son oficiais pola sua "realidade lingüistica social" e non a orixe das linguas ou a motivos sagrados como pareces expresar. Eu falo galego porque me atopo cómodo e non como peaxe para acceder a galeguidade como parece ser no teu caso e supoño que serías capaz de comulgar con rodas de muiño si che dicen que comulgar con rodas de muiño é propio dos galegos. Hai moitas cousas propias de Galicia que desapareceron e non as reclamades ¿por que?, desapareceron os canados, os ferrados, arar cunha parexa de vacas, ¿por que non esixides que se sementen as patacas cunhas vacas?, desapareceu a peseta e os reás, ¿por que vos estancades e non progresades?. O galego úsase por gusto sin ningunha disculpa para facelo.

2 Espello de Nostrus

Nostrus, a tua fe confúndete. O castelan é lingua oficial en Galicia dende hai séculos debido Á IMPOSICIÓN, como tamén o é en moitas nacions do mundo, porque as linguas son oficiais pola sua IMPOSICIÓN e NON POLA LIBRE VONTADE DOS FALANTES das linguas ou a motivos sagrados como pareces expresar. Bla, bla, bla... E agora o argumento de provocador supremacista (fascista) de galego é atraso, conforme ao catecismo de Nostrus educado no franquismo: «Hable bien. Sea Patriota. No sea Bárbaro. Es de cumplido caballero que Usted hable nuestro idioma oficial, o sea, el castellano. Es ser patriota. Viva España y la disciplina y nuestro idioma cervantino ¡¡Arriba España!!». Datado na Coruña en 1955. No espello ficas retratado como o que es! Chámalle "fantasía fascista educacional" e aprende que é adquirida (reversíbel) non natural!

9 Desfeita

Alguén non se decatou aínda de que a táctica de Vox en Galiza e Euskadi é facérense visibles provocando con despropósitos? Así non lle quitan máis votos ao PP que os dos resentidos máis sociopáticos, entrementres gañan puntos no resto do Estado. Vox é ao PP o que as SA ao NSDAP.

8 nostrus

Castelao fue un personaje funesto y gris, muy parecido a Sabino Arana y si no fue tan malo como Francisco Franco fue debido a que no tuvo ningun poder. Posiblemente necesitaba renegar de ser español para sentirse gallego completo, aunque fue tan gallego y tan español como el Caudillo. Vergüenza que debemos sentir los gallegos de que tuvieramos dos personajes como estos.

1 O galeguista convencido

Iso é falso! Castelao foi un personaxe glorioso, valente e preocupado polos problemas sociais dos galegos, aparte de pola cultura e a democracia, confúndelo con Vicente Risco.

2 Ailalelo

Ti es un me...!! Mequetrefe!! Se foses ti a milésima parte que Castelao!! Non renegou de nada, el foi GALEGO, Franco foi un fascista espsñol, nunca galego foi, nin idea de pensar tes

3 Atlantius

Novo acto de presenza da lexendaria indixencia mental ispanoafricana

4 Sentidiño