Vox acusa ao PP galego de tomar o "mesmo camiño separatista" do PNV

Iván Espinosa de los Monteros di que se o seu partido consegue representación no Parlamento galego esixirá unha defensa dos "valores da familia e de ser español"

Por E.P. | Santiago de Compostela | 28/06/2020 | Actualizada ás 17:56

Comparte esta noticia

O vicesecretario de relacións internacionais e portavoz no Congreso de Vox, Iván Espinosa de los Monteros, cargou este domingo contra o PPdeG, ao que definiu como "o PNV galego", e criticou que está a tomar "o mesmo camiño separatista" e "absorbendo o peor do nacionalismo e da esquerda" e comportándose como "a dereitiña covarde".

Iván Espinosa de los Monteros (Vox), en Ferrol
Iván Espinosa de los Monteros (Vox), en Ferrol | Fonte: Vox Coruña

Os membros de Vox, afirmou, son "mellores que eles" e por iso considerou que darlle o voto á formación de Santiago Abascal nas autonómicas do 12 de xullo é "voto útil". Así o manifestou ante uns 100 simpatizantes, nun acto que provocou que unha cantidade similar de persoas congregásense nas inmediacións para manifestar o seu rexeitamento. Os actos estiveron vixiados por axentes antidisturbios da Policía Nacional.

Espinosa de los Monteros criticou o presidente de Xunta de Galicia e candidato do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo. Referiuse ao acto deste sábado dos populares, no que estiveron presentes tamén o expresidente do Goberno, Mariano Rajoy, e o presidente do PP, Pablo Casado. "Había 3.000 carteis sen a bandeira de España nin o logo do PP", dixo.

Tamén se referiu ás persoas que se achegaron a diferentes actos de Vox para rexeitar o seu ideario e cualificounas de "fascistas, intolerantes". 

FERROL, "ABANDONADA E ESQUECIDA"

Na súa intervención, o portavoz de Vox no Congreso eloxiou Ferrol como unha "cidade de encontros e aberta, onde hai persoas de todas partes" e destacou a importancia do mundo militar nunha localidade que foi "abandonada e esquecida", polas políticas "de esquerdas e de dereitas".

A súa formación, reiterou, aspira a entrar no Parlamento galego o 12 de xullo con "polo menos un deputado", co obxectivo de "esixirlle a Feijóo os valores da familia e os valores de ser español" e para "defender o idioma español e galego, porque os dous son iguais".

Se Vox obtén representación será "posible" unha defensa da Armada, os estaleiros e os corpos e forzas de seguridade do Estado, prometeu.

Tamén interveu no acto o vicepresidente da xestora de Vox na Coruña, Juan Garcilaso de la Vega, quen criticou os "corenta anos de abandono de Ferrol por parte das administracións públicas" e referiuse a os "traballadores sacrificados" das factorías de Megasa, Alcoa ou Ence "pola relixión ecolóxica".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

4 Minhamamainhadoceo

Están como tarteiras!

3 Sentidiño

A ultradereita española é a máis sórdida, beata, brutal e ignorante de todas as que existen na actualidade. A única que segue a insultar impunemente as súas vítimas: nin Francia, nin Italia, nin por suposto Alemaña (nin sequera a actual Croacia, de pasado xenocida), permiten o negacionismo que os tribunais españois mesmo practican. Os ultras de España poden rir dos torturados, mesmo poñer en dúbida a existencia de milleiros de fusilados que aínda berran dende as cunetas. E o peor de todo é que Aznar, o tontoRaxoi, e Casado o do máster por Aravaca, colaboran nesa ignominia. Angela Merkel é unha radical de esquerdas comparada con este li xo de aspecto humano.

1 Xian do Sil

Claro, para ejemplo de moderación está la extrema izquierda gallega, que le pone estatuas a asesinos confesos, tiene como modelo el de Corea del Norte, apoya a todo tipo de grupos terroristas, ejerce a diario la violencia callejera y practica un antisemitismo que deja en pañales a Goebbels. En cualquier otro país un partido como el llamado partido guía, sus tapaderas electorales y sus chiringuitos estarían ilegalizados o en la marginalidad más absoluta. Y ahí siguen, viviendo de parasitar lo público, sin ser encerrados en una prisión o en una clínica para enfermos mentales incurables.

2 Serxio

asesinos confesos? Core do Norte? apoio a grupos terroristas? violencia nas ruas? ANTISEMITISMO? pero ti en que pais vives rapaz xdd

2 Ana

A peor noticia para esta xente seria ver de presidenta da Xunta a unha muller nacionalista galega e con un proxecto ilusionante e medidas tan positivas para crear riqueza como a "tarifa electrica galega". Por iso, mentras alguns so ofrecen crispacion (pq non teñen proxecto) o BNG fala de propostas para solucionar os problemas dos galegos. Por certo esoitade o tono crispado da ultradereita e logo o tono da lider do BNG, son dous mundos diferentes e por iso o BNG sube e sube nas enquisas. Eu cada dia escoito a mais xente que nunca votou BNG, incluso de dereitas, que afirma que desta vez si votaran BNG.

1 Violeta 4

Ti fumas algo moi tóxico. Xente de dereitas votando ao BNG,.. A tua xefa seguerá outros catro anos de deputada, e xa cheira.

2 nostrus

La ultraderecha española no es de peor calaña que los ultragallegos. Por lo menos ellos se fanatizan con una nación de verdad, mientras que los ultragallegos lo hacen con una nación ficticia

3 Sentidiño

Vós a ultradereita estades en Ciudadanos (ti por exemplo), no PP que goberna (escondidos), e en vox (case que ninguén). Non hai máis ultras. Eiquí a xente non é mala xente, por fortuna.

1 Ana

Vox facendolle a campaña a Feijoo, presentandoo como un "nacionalista", cando todos sabemos que entre PP e Vox as diferencias son minimas. So se diferencian no tono do discurso, pero o proxecto e basicamente o mesmo. Mais quixeramos os galegos que o PP fose como o PNV pois hoxe contariamos con unha "tarifa electrica galega" que seria a solucion para salvar moitos postos de traballo e atraer empresas evitando a emigracion de miles de galegos. Por certo non me gustaria unha Galiza de touradas e vacunacion obrigatoria, mellor unha Galiza culta que lea a Castelao, con futuro e orgullosa de si mesma.

1 Sentidiño

Prezada Ana, ti podes atinar ou estar errada, como me pasa a mín. Mais non podo comprender que xuntes touradas e vacinación (e xa van tres veces esta semana). Son actos totalmente independentes, sen relación lóxica. Coma se eu dixese: "-Condeno o maltrato infantil e o chocolate con leite!".