#Orgullo2020: "A presión social nas rúas é imprescindible para acadar a libre autodeterminación do sexo rexistral"

Xandre Garrido, responsable nacional da organización Avante LGBT+, destaca o cambio que supuxo a crise do COVID-19 para o Orgullo e a organización.

Por Sara Gil | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/06/2020 | Actualizada ás 22:15

Comparte esta noticia

A Covid-19 afectou, e moito, á celebración, este ano do #Orugllo2020. "En xeral, para todo tipo de movementos organizados, a crise do COVID-19 foi unha situación difícil porque afectou á saúde mental das militantes" afirma Xandre, responsable nacinal da organización Avante LGBT+. De feito, suliña que, durante o confinamento acentuáronse os problemas. "Moitas compañeiras de Avante están no armario coas súas familias, polo que non podían asistir ás asambleas telemáticas, ou facíano falando de sí no seu xénero asignado", suliña nunha entrevista co Galicia Confidencial. 

Xandre Garrido, Responsable Nacional de Avante LGBT+. Fonte: Twitter
Xandre Garrido, Responsable Nacional de Avante LGBT+. Fonte: Twitter

Por outra banda, Avante LGBT+, como outras organizacións, son proactivas en xuntanzas como as tertulias, debates e incluso festas. A crise do COVID-19 estragou todas aquelas xuntazas que a organización tiña preparadas. De todas formas, Xandre suliñou que "xa hai costume de facer traballo de xeito telemático, ben sexa por lista de correo, whatsapp ou videochamada". "Grazas a iso, conseguimos manter certa actividade sobre toda coa intención de seguir en contacto e apoiarnos mutuamente", indicou.

As concentracións do Orgullo 2020 leváronse a cabo nas principais cidades de Galicia este 28 de xuño con axuda doutras organizacións activas na localidade. Xandre afirmou que "se convocaron concentracións en todas as cidades nas que se presentaran voluntarias un número suficiente de compañeiras para facer un servicio de orde e vixiar que se cumpran as medidas de seguridade". 

 

"As maiores dificultades foron organizalo sen saber con cantas forzas íamos a contar, xa que durante o confinamento ninguén era quen de facer plans a longo prazo" explica Xandre, mais vendo como avanzaban as fases, "finalmente decidiuse facer unhas cantas actividades de redes dirixidas a visibilización". Un exemplo é o vídeo subido as súas redes sobre o colectivo Incómodxs e Rebeldes, ademais das concentracións nas rúas que consideran "fundametnal para a presión social e conseguir dereitos como o da libre autodeterminación do sexo rexistral". 

 

MESES "CONFLITIVOS"

 

Ademais da crise do Coronavirus, os últimos meses están sendo moi conflitivos para o colectivo LGBT+ por afirmacións "TERF" de persoeiros, incluso cargos políticos, contra as persoas trans. "Dende Avante LGBT+, consideramos que o movemento TERF é a resposta do sistema ao avance dos movementos LGBT+ e tamén feminista, xa que o único que conseguen mediante a súa transfobia é manter o status quo e perpetuar o sistema patriarcal mediante a naturalización da opresión das mulleres".

Xandre acentúa que "ademais, no contexto dos avances da loite antirracista nos últimos meses, non debemos esquecer que o movemento TERF é profundamente colonialista, posto que a súa idea esencialista do xénero é fundamentalmente branca e baseada en modelos occidentais". 

"En Avante apostamos polo feminismo interseccional, no que as perspectivas de clase, racial, da diversidade funcional e psíquica, de identidade de xénero e orientación sexual entre moitas outras, se entrecrucen para formar un discurso e unha folla de ruta verdadeiramente liberadora para todas as persoas oprimidas polo sistema patriarcal", conclúe. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta