Calcinado o remolque dun camión en Cerceda despois dunha explosión nas rodas

Parte da carga que portaba o vehículo derramouse na vía, e debido aos materiais que transportaba o lume reproducíase cada certo tempo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/07/2020 | Actualizada ás 15:20

Comparte esta noticia

Un incendio provocado polo accidente dun camión chamou á atención dos veciños do municipio de Cerceda, na Coruña, ao provocar unha intensa labarada e unha gran fumareda negra.

O vehículo, un camión articulado que transportaba filtros e bidóns de aceite, circulaba pola AC-400, á altura do punto quilométrico 20 (lugar da Cortella).

Nese momento, pouco antes das 12,00 horas, unha explosión nas rodas provocou un incendio no remolque do vehículo. O condutor puido saír do camión e reaccionar a tempo para realizar as primeiras tarefas de extinción e empezar a atallar as chamas.

O 112 recibiu a alerta de diversos particulares, que chamaron a Emerxencias tras ver a densa fumareda que desprendía o camión.

Así se despregou un operativo formado por Bombeiros de Ordes, Garda Civil de Tráfico, Policía Local e efectivos de Protección Civil da localidade.

Parte da carga que portaba o vehículo derramouse na vía, e debido aos materiais que transportaba o lume reproducíase cada certo tempo.

A esta hora, o incendio está practicamente extinguido, aínda que os Bombeiros permanece no punto para evitar que se reaviven as chamas, que calcinaron por completo a plataforma do camión.

Servizo de emerxencias 112
Servizo de emerxencias 112

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta