A Coruña modifica a distribución de mesas electorais para garantir a seguridade

Por E.P. | A CORUÑA | 04/07/2020 | Actualizada ás 18:08

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña modificou a distribución das mesas en varios colexios electorais co fin de garantir as medidas sanitarias e de seguridade e reducir o risco de contagios entre as persoas que acudan a votar na xornada do 12 de xullo.

Segundo informa, os cambios responden á aplicación da resolución de 29 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Conselleria de Presidencia. Nela, dáse publicidade ao acordo do Consello da Xunta de Galicia en materia de saúde pública fronte á COVID-19 para o desenvolvemento da xornada electoral do 12 de xullo.

Urnas. EUROPA PRESS - Arquivo
Urnas. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta